# Hashtag

O Rayo 21 ourensán mantense como único equipo invicto da Segunda Futgal

Hai 164 equipos na Segunda Futgal e só un aínda non sabe o que é perder a estas alturas da temporada. Trátase do Rayo 21 ourensán, que -invicto- lidera con abrumadora autoridade o grupo ourensán desta categoría. Ocupan a primeira posición con 51 puntos. Gañárono todo: 17 de 17. Teñen 12 puntos máis que o seu perseguidor, o Atlético Vilariño, ao que volverán enfrontarse o 1 de marzo.

Os números do Rayo 21 son moi destacables. Na mesma categoría non hai outro equipo que aínda non perdese. Só o fixeron nunha ocasión o San Sadurniño, Erizana e O Pino. Os dous primeiros son líderes dos seus respectivos grupos, mentres que O Pino é terceiro, porque malia ter perdido un só partido, concedeu seis empates.

Na Primeira Futgal atopamos outros casos de equipos que só perderon un partido no que vai de liga. Trátase da SD Chantada, que domina o grupo lucense, e de catro equipos que manteñen senllas emocionantes disputas. Por unha banda, o Ribadumia e o Marín, no grupo 5; pola outra, o Matamá e o Vila do Corpus, no 6.



Outros que manteñen o invicto

Na Terceira Futgal atopamos outros casos de equipos que aínda non perderon no que vai de curso. Nos grupos da Coruña están nesa situación o Maravillas SD, o Ciudad Jardín, o Xuventude Laracha e o Visantoña, este último nun grupo diferente ao dos tres primeiros.

O Monfero pechou sen derrotas a primeira fase en Ferrol, mentres que na provincia de Lugo o Mondoñedo chega á metade de xaneiro invicto.

FOTO: Facebook Rayo 21



O Rayo 21 ourensán mantense como único equipo invicto da Segunda Futgal

Tordoia e Valladares marcan o ritmo na

O Rayo 21 ourensán mantense como único equipo invicto da Segunda Futgal

O Rayo 21 ourensán mantense como único