# Hashtag

Os Vintage: SD Nogueira de Ramuín 2015/2016

O 1 de maio do 2016 a SD Nogueira de Ramuín ascendía a Preferente Sur tras ser o mellor equipo do grupo 4 da Primeira Autonómica de Galicia. Ese día venceu por 1-5 á SDC A Manchica no campo As Escolas. Os 76 puntos logrados polos xogadores dirixidos dende o banco polo técnico Alberto Ruiz fixeron que o equipo de Luintra obtivese tamén o título de liga.

O inicio da competición foi un tanto irregular, sumando 4 puntos dos 9 primeiros en xogo. Despois chegou unha xeira de seis vitorias consecutivas que alimentaban a ilusión no equipo e na afección. A bagaxe final amosou unha regularidade notable: 24 vitorias, 4 empates e soamente 6 derrotas.

O equilibrio defensa-ataque foi vital para o ascenso da SD Nogueira de Ramuín

Dominar estas dúas fases do xogo é sinónimo de ter moito gañado. E así foi! Con 74 goles a favor e soamente 27 en contra, a SD Nogueira de Ramuín foi o equipo con mellores números ofensivos e defensivos da competición.



Marcos Antonio Oliveira, con 13 tantos, e Bruno Gómez, con 12, destacaron no apartado goleador dun equipo no que a meirande parte dos xogadores acabaría anotando algún gol. Ata 18 diferentes futbolistas tiveron unha cita coa rede da portería rival.

O cadro de xogadores e o corpo técnico responsable do ascenso da SD Nogueira de Ramuín

Diego Dorribo, Jacobo Dorribo, Roberto Pato, Aitor Martínez, Javier Quevedo, Jorge Chaudarcas, Xosé Lois González, Iván Portela, Thomas David, Bruno Gómez, Rubén Santalla, Gabriel Vázquez, Roberto Gómez, Pablo Lorente, Rodrigo Meleiro, Roberto Álvarez, Antonio Álvarez, Guillermo Blanco, Gustavo Camilo, Javier Ramos, Enrique Fernández, Marcos Antonio, David Prada e Walter Martín, dirixidos polo tándem Alberto Ruiz e Pablo Campelo, foron os artífices do campionato de liga e do ascenso a Preferente.

Actualidade da SD Nogueira de Ramuín

O conxunto dirixido por Antonio Cerdeiro vén de impoñerse por un contundente 7-1 ao CD Allariz no partido da fin de semana pasada. Atópase na terceira posición do grupo 4 de Primeira Futgal. De rematar así a competición, xogaría o play-off de ascenso a Preferente. Repetirase o ascenso da tempada 2015/2016? A resposta, entre maio e xuño!



Foto portada: La Región



Os Vintage: SD Nogueira de Ramuín 2015/2016

Regresa o fútbol e volven os Diferenciais

Os Vintage: SD Nogueira de Ramuín 2015/2016

Tordoia e Valladares marcan o ritmo na