Van xa 11 xornadas na Primeira Futgal e iso foi sinónimo de moitos goles. Repasamos neste artigo os máximos artilleiros da categoría, sempre segundo os datos recollidos pola Real Federación Galega de Fútbol. Lembra que cada luns e martes publicamos os nosos artigos co máis destacado da Primeira, que podes ler aquí.
Os que máis goles fan, grupo a grupo
- Samu Rumbo (Oza Juvenil): son xa 12 dianas en once encontros para este futbolista de 21 anos que afronta a súa segunda temporada no equipo, ao que chegou do Victoria CF
- Varios destacados: empate a 7 goles anotados no grupo 2 para Abel Torres (Tordoia), Brais Pedreira (Arzúa), Villaravid (Boimorto), Miranda (Vizoño, Moreira (Muxía) e Pablo (Bertamiráns)
- Pablo (SD Chantada): leva oito goles neste comezo de liga, dous deles ante o Chantada Atlético, nun derbi de rivalidade e moito interese na vila do río Asma
- Imrane (Nogueira): case un gol por partido leva o dianteiro na Tella, campo ao que chegou tras saírse co xuvenil do Ourense CF, co que conseguiu o ascenso.
- Chuso (Unión): nunca falla Ismael Cerqueiras, que nas últimas temporadas anotou 12, 15 e 24 goles, respectivamente. Nos 11 partidos que xogou este curso xa leva 12 tantos
- Rafael (Chaín): é o máximo goleador dos seis grupos da Primeira Futgal, con 14 goles en once partidos. As súas achegas son fundamentais para explicar a boa situación na clasificación do Chaín, que é terceiro. Contounos que o seu obxectivo é ascender a Preferente.
Que son os Diferenciais?
Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.
Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.
Podes poñerte en contacto con FutbolinGalicia a través de X ou de Instagram.
Tamén podes acceder ás listaxes dos Diferenciais das pasadas xornadas, premendo aquí.



























































































































































































































































































































































































































































































































