O Negreira vence no seu feudo ao Cultural Areas e gaña a Supercopa Galicia. O tanto de Gonzalo, no minuto 63, otorga o título aos do Municipal Jesús García Calvo tras un partido no que se viron superados polo rival durante gran parte da primeira metade. Porén, o Negreira pouco a pouco foi crecendo no partido, gozando de innumerables ocasións de perigo.
Gran ambiente no Jesús García Calvo
Gran entrada no Municipal Jesús García Calvo, que estaba totalmente ateigado. O partido foi unha festa do fútbol galego, que terá ao Negreira como representante na rolda da fase previa da Copa do Rei. E é que a consecución da Supercopa leva un premio consigo: a clasificación para dita fase previa da Copa do Rei. O Negreira medirase a un equipo de ámbito autonómico doutra federación territorial nunha eliminatoria a ida e volta que se xogará o 28 de setembro e o 5 de outubro.
Alegría nas filas do Negreira tras gañar a Supercopa Galicia
A continuación podedes escoitar as verbas do número 10 do Negreira, Alberto, falando para os micros de FutbolinGalicia tras a consecución da Supercopa Galicia:





































































































































































































































































































































































































































































































































































