# Hashtag

Estes serán os semifinalistas da Copa RFEF galega 2025

A fase galega da Copa RFEF viviu este mércores uns cuartos de final cargados de intensidade, nos que tres das catro eliminatorias se decidiron na tanda de penaltis. A emoción estivo garantida e o cadro de semifinais combina favoritos con equipos dispostos a dar a campanada.

Na Lomba, o Arosa deu a sorpresa ao eliminar ao Coruxo, conxunto dunha categoría superior. O 0-0 dos noventa minutos levou a unha tanda pouco habitual, resolta no sexto lanzamento co erro do porteiro visitante Esteban, que asumiu a responsabilidade e fallou.

Os arlequinados marcaron por medio de Pacheco, Iñaki, Seijo, Álex Rey e Edgar, mentres que Javi Rey errou. No Coruxo acertaron Javi González, Álvaro Fernández, Hugo Rodríguez e Nacho Fariñas, pero fallaron Matthew e o propio Esteban. O Arosa medirase en semifinais ao Boiro, que tamén precisou dos penaltis para superar ao Noia no Julio Mato.



Neste encontro, Rachu adiantou ao Noia no minuto 7, mais Yago García empatou no 19 para o Boiro. Na tanda, os boirenses estiveron infalibles (Samu Araujo, Yago García, Mario Prol e Santi Taboada), mentres que o Noia só converteu dous (Mario Constenla e Elías) e fallou cos tiros de Axel e Mario Regueiro.

Pola outra banda do cadro, o Ourense CF cumpriu coa súa condición de favorito e venceu por 0-3 ao Racing Vilalbés, aínda que resolveu nos últimos minutos. Os goles chegaron no desconto: Oriol Comas (90’), Jerín (92’) e Álvaro Yuste (94’). O seu rival nas semifinais será o Arenteiro, que sufriu para eliminar ao Silva SD na Grela.

En dito duelo, o marcador non se moveu no tempo regulamentario e todo quedou para a tanda de penaltis. O Arenteiro anotou cinco (Javi Mora, Víctor Mingo, Félix Cortés, Dani Romera e Eliseo) e só fallou o primeiro, tirado por Jordan. O Silva marcou a través de Joao Paulo, Coba, Álvaro Rey e Máquez, pero os erros de Pablo Rubio e Seydi foron decisivos.



As semifinais xogaranse o vindeiro mércores 20 de agosto, con dous duelos que prometen: Boiro-Arosa e Ourense CF–Arenteiro. Vendo o vivido nos cuartos, non se pode descartar que a sorte dos once metros volva ser protagonista.

Estes serán os semifinalistas da Copa RFEF galega 2025

Estes son os campos da Terceira RFEF

Estes serán os semifinalistas da Copa RFEF galega 2025

O Atlético Villalonga no mapa da Copa

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *