Brais López ‘Toro’ foi un dos piares dun CD Marte que realizou unha gran tempada na que foi o seu primeiro curso na 1ª Futgal. A continuación as súas verbas:
FutbolinGalicia (en adiante FIG): Como defines a tempada 24-25 do CD Marte?
Brais López ‘Toro’ (en adiante BLT): «Paréceme unha boa tempada tendo en conta que era a primeira campaña do equipo na Primeira Futgal. Cumpríronse os obxectivos con creces!»
FIG: Cales son os obxectivos do club para a nova tempada?
BLT: «Están claros. Primeiro, buscar a permanencia o antes posible. Despois poderemos pensar en mirar un pouco cara arriba.»
FIG: E os teus a nivel individual?

BLT: «Un pouco os da tempada pasada: disfrutar da categoría e do gran grupo que temos.»
FIG: Que equipos cres que estarán arriba pelexando polo ascenso a Preferente na 25-26?
BLT: «Penso que o rival a batir será o Galicia Mugardos. Logo estarán arriba os equipos de sempre: Olímpico e Carral.»

Cortiña e ao pé con Brais López ‘Toro’
Campo favorito: «A Pedreira, polo que significa para min.»
Algún momento inesquecible da túa carreira: «Conseguir o play-off de ascenso a Preferente co Ural-Español na miña primeira tempada de sénior.»
Un compañeiro: «Pablo Pastur marcoume moito no Galicia Mugardos, tanto a nivel futbolístico como persoal.»
Un xogador rival que ficharías para o teu equipo: «Teríao bastante claro! Hugo Mato, do Miño.»
