# Hashtag

A nova cara da Primeira División Galega Feminina: así queda a categoría para a 2025/26

Coa tempada 2024/25 xa pechada e tras semanas de especulacións, ascensos por méritos deportivos, vacantes inesperadas e reestruturacións nas categorías nacionais, a Real Federación Galega de Fútbol publicou a resolución oficial da composición definitiva da 1ª División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP para a 2025/26.

Serán un total de 16 equipos, nun grupo único, os que competirán por facerse co título e o ascenso á Terceira RFEF.

Ata seis ascensos pola reestruturación e tan só dous descensos

Os dous ascensos directos por clasificación foron para o Orzán SD, campión da categoría, e o EFM Concello de Boiro, segundo. Mais a reestruturación da Terceira RFEF fixo posible que ata catro equipos máis tivesen acceso á categoría estatal: Domaio FC (en substitución do Lóstrego B, que non podía ascender por ter o seu primeiro equipo en Terceira), As Celtas «B», SD O Val e Tomiño FCF.



A parte baixa da táboa tamén tivo movementos importantes. Inicialmente debían descender os tres últimos, pero o Amistade Meirás renunciou a competir, polo que só baixan dous equipos: Umia CF e Atlético Arousana.

Novas altas na categoría

A 1ª Galega reforzarase con nove equipos procedentes da 2ª División:

  • Xallas FC
  • SCD Pastoriza
  • Orzán SD «B»
  • UD Carral
  • EFF Rosalía
  • CD Arenteiro
  • SD Antas
  • Atlético Villalonga “B”
  • Sporting Burgo

Ademais, o EFF Rosalía cubrirá a vacante deixada polo San Roque Casablanca, que finalmente non competirá nesta categoría malia conseguir o ascenso.



Celebración do Rosalía en redes sociais. RRSS EFF Rosalía

Os 16 equipos da Primeira Galega Feminina 25/26

A categoría quedará finalmente conformada por estes clubs:

  • Lóstrego CF “B”
  • Atlético San Pedro
  • Victoria CF “B”
  • Sporting Cambre
  • SR Calo
  • Victoria FC “B”
  • Sárdoma CF “B”
  • Xallas FC
  • SCD Pastoriza
  • Orzán SD “B”
  • UD Carral
  • EFF Rosalía
  • CD Arenteiro
  • SD Antas
  • Atlético Villalonga “B”
  • Sporting Burgo

A nova cara da Primeira División Galega Feminina: así queda a categoría para a 2025/26

O fútbol galego ponse en marcha cos

A nova cara da Primeira División Galega Feminina: así queda a categoría para a 2025/26

Cadros de xogadores moi avanzados nos equipos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *