A Preferente Sur está que arde no que a fichaxes se refire. A falta de pouco menos de dous meses para o inicio de liga nesta categoría, os equipos apuran incorporacións co obxectivo de confeccionar os mellores cadros de xogadores posibles.
Entre os últimos movementos están a chegada ao Atios de Gael de la Iglesia, un ‘todocampista’ procedente do Choco xuvenil, e Pedro Mouriño, lateral esquerdo que levaba cinco temporadas no Porriño Industrial.
Nas últimas horas tamén incorporaba o Villalonga, que se fai cos servizos do extremo Álex Fernandez, que xogou a pasada temporada no Céltiga.
Entre os acabados de ascender a Preferente Sur, Raúl Dinis continúa no Antela, tras ser unha peza importante a pasada temporada. Na mesma provincia, o Celanova anunciaba varios reforzos: Mociño, Hugo Pérez e Christian González. Súmanse á renovación de Javier Gallego
O proxecto do Umia toma forma coa renovación do lateral Álex Rey e a fichaxe do mediocentro Pablo Baúlde. Tamén se reforza no centro do campo o Portonovo, que acaba de incorporar a Brais Bernárdez.
A Preferente Sur
A liga comezará o 7 de setembro e rematará o 17 de maio. O play off iniciarase o 31 de maio e rematará o 21 de xuño. Entre o final de liga e o inicio do play off hai unha fin de semana libre que se aproveitará para partidos de Copa.

Tanto o calendario de Preferente como o de Primeira Futgal poden verse afectados pola Fase Previa da Copa do Rei, que este ano vai a celebrarse a ida e volta en dúas fins de semana (28 de setembro e 5 de outubro). Negreira e Cultural Areas son dous equipos con opcións de xogar esa previa se gañan a Supercopa.