# Hashtag

Diego Iglesias cumpre o soño que revelara a FutbolinGalicia

O Xuventude Cambados é novo equipo da Terceira RFEF. O conxunto arousán culminou unha tempada impecable co ansiado ascenso, certificando un éxito que, a principios de curso, Diego Iglesias xa imaxinaba como posible. Nunha entrevista concedida a FutbolinGalicia en outubro de 2024, o extremo declaraba que chegaba ao club coa ilusión de formar parte dun proxecto ambicioso e con marxe de crecemento.

A verdade é que volver a Terceira sería moi ilusionante, non vou mentir. É un obxectivo que teño en mente e moi presente. Tívenme que ir do Estradense porque o meu pai enfermou de gravidade nese momento, eu estaba a vivir en Santiago e o corpo pedíame estar con el nos seus últimos meses antes de falecer. Volvín a casa para estar preto del e funme do Estradense porque, loxicamente, era inviable estar en Bueu e ir adestrar catro días á semana á Estrada. Agora mesmo teño a ilusión de poder volver á categoría algún día e oxalá poida ser co Cambados. Sería moi especial e un soño ascender con este gran club, tanto por min como polo meu pai, que seguro que desde alá arriba estame a ver con moito orgullo

Diego Iglesias

Aquel soño, compartido publicamente, non era un desexo alleo á realidade. Era o reflexo dun plan ben estruturado que agora colle forma. Iglesias asumía o reto tras unha etapa convulsa: viña de descender co Ribadumia e de saír do Estradense por motivos persoais. No Cambados atopou estabilidade e confianza para poñer en práctica todo o seu potencial.



A tempada pasada no Ribadumia foi unha das miñas mellores campañas a nivel individual porque marcar doce goles non é fácil. Pero si que foi bastante doloroso descender. É un pau bastante fodido a nivel futbolístico, sobre todo cun equipo como o que tiñamos. Tento verlle o lado positivo e creo que esta situación, sumado ao descenso co Umia fai dous cursos, fíxome madurar moito como persoa e fortaleceume mentalmente. Tento tomarme isto como unha aprendizaxe porque é parte do deporte. Agora espero que algún ano se me poida dar a outra versión e poida vivir un ascenso

Diego Iglesias

O equipo arousán foi medrando ao longo da tempada, mostrando unha sólida traxectoria na Preferente Galicia. A regularidade, o equilibrio defensivo e unha proposta valente déronlle ao conxunto cambadés a recompensa final: o billete directo á Terceira RFEF tras derrotar ao CD Beluso nunha agónica tanda de penaltis.

O ascenso ten un valor engadido. Supón o regreso do Cambados a categoría nacional despois dunha longa espera e consolida a figura de Pénjamo como un técnico en plena proxección no fútbol galego. O club, ademais, reafirma o seu crecemento institucional e deportivo, apostando pola continuidade dun modelo baseado na estabilidade e no talento local.



Co obxectivo cumprido, o futuro preséntase ilusionante para unha entidade que, a comezos de tempada, soñaba en alto… e que agora ve ese soño feito realidade.

Diego Iglesias cumpre o soño que revelara a FutbolinGalicia

O Antas lévase a Copa Deputación de

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *