Os equipos perfilan os seus planteles co 6 de setembro no horizonte
Xa hai data para o comezo da liga na Terceira RFEF. A competición arrancará a fin de semana do 6 de setembro e, para entón, xa coñeceremos os planteles dos 18 equipos que en principio que compoñerán o grupo tras a desaparición do Lugo B e tamén a espera do que suceda co Arenteiro.
Comeza a conta atrás para o inicio do campionato e, mentres os equipos seguen confeccionando os seus proxectos, uns máis avanzados ca outros, repasamos os movementos máis destacados desta última semana.
Os conxuntos pontevedreses siguen reforzándose no mercado
O Céltiga, o Lalín e o Gran Peña son tres dos equipos que máis se moveron esta semana.
O conxunto isleño reforzou todas as liñas de xogo. No ámbito defensivo incorpóranse dous xuvenís procedentes da División de Honra, Yeray Arosa, do Arosa, e Diego Rey, do Racing de Ferrol. Para o medio campo chega cedido, tamén do Arosa, Sindo González. Na parcela ofensiva incorpórase Gastón Cellerino que, tras marcar dez tantos a pasada campaña co Gran Peña, buscará achegar experiencia e gol ao equipo.
No Lalín, a última incorporación foi a de David Marqués, que chega dende o Pontevedra B para reforzar a defensa. Xunto a el tamén se incorpora, en calidade de cedido pola UD Ourense, Santi Prado.
Tamén achegará experiencia ao conxunto rojinegro Mesfin Gómez, procedente do Guijuelo tras pasar por canteiras como as do Deportivo, Levante ou UD Ourense. Da canteira deportivista tamén chega Carletto para reforzar a medular.

O Gran Peña tamén se reforza en defensa e ataque. Para a parcela ofensiva incorpora a Miguel Amador, máximo goleador do Porriño Industrial a pasada campaña, e a Sam Jobe, que, aínda sendo xuvenil, rematou a temporada marcando goles co sénior do Balaídos CF.
A defensa tamén gaña consistencia coa chegada de Hugo Táboas, procedente do Pontevedra B, aínda que a pasada campaña xogou cedido no Cambados, e de Javi Corbillón. O defensa chega dende o Alerta Navia, onde marcou cinco goles a pasada temporada, tras formarse nas categorías inferiores do Areosa e do Coruxo.
Cañi para o Montañeros e Charly para o Somozas
Os dous ex xogadores do Compostela desvincúlanse do proxecto compostelanista e continuarán na Terceira RFEF con novos equipos.

Jesús Cañizares convértese na décima fichaxe do Atlético Montañeros. O extremo buscará achegar gol ao conxunto morado a vindeira temporada. Para reforzar a defensa tamén chega Jorge Tomé, procedente do Atlético Arteixo. Ademais, o club confirmou a renovación do gardameta Guillermo del Valle, o regreso de Diego Enjamio tras a súa cesión no Órdenes e a promoción de Dani Buide ao primeiro equipo.
Outra das bombas da semana foi a chegada de Charly ao Somozas. Despois de ser un xogador clave no playoff que lle deu o ascenso ao Compostela, o atacante recala no conxunto verdibranco para achegar experiencia e gol á parcela ofensiva.
O equipo das Somozas tamén incorpora a Tiago Miranda, procedente do Cedeira, e a Alexandre Rodríguez ‘Rubio‘, que chega desde o Gran Peña. Ademais, continúan ligados ao proxecto Aldán Naval e Darek Berreta.
Máis renovacións no mercado
O Estradense oficializou a que, polo momento, será a súa última renovación da temporada: a de Dani Pedrosa. Así o confirmou o propio club, polo que, de chegar algún reforzo máis, será en forma de fichaxe. Na última semana, o conxunto da Estrada tamén anunciou a incorporación de David Carreira, procedente do Atlético Montañeros, para reforzar o mediocampo.
O Boiro tamén aposta pola xuventude coa chegada de Breogán Sio, procedente do Coruxo. O defensor chega para reforzar a zaga, aínda que tamén pode actuar en posicións máis adiantadas. Ademais, Bruno continuará ligado ao club e afrontará a súa segunda temporada co primeiro equipo.

No Silva continuará Seydi na defensa e regresa David García tras dúas temporadas no Racing Villalbés. Pola súa banda, o conxunto chairego renovou a David Vérez e anunciou as saídas de Pablo Riego e Make.
Poñendose a punto para a nova categoría
Ademais do Lalín, o resto de equipos que lograron o ascenso seguen confeccionando o seu plantel. Pontevedra B, Portonovo, Antela e Sarriana continúan renovando xogadores e incorporando novas pezas para afrontar a súa estrea ou regreso á Terceira RFEF.
No caso do Pontevedra B, anunciou nos últimos días tres incorporacións: David Conde e Noel Chaves, ambos procedentes do Cambados, e Marcos Monterroso, que chega do xuvenil do Compostela. Ademais, renovou a Efrén, Román Moldes, Sergio Vila, Diego González, Andrés Fernández e Amet, e promociona ao primeiro equipo a Manu Campos.
O Antela tamén confirmou catro novidades. Regresa Tumbeiro, procedente do Arnoia, club do que tamén chega Raposeira. Ademais, incorpora a Dani Selas e Gastón Jano. No capítulo de renovacións, continúa Constela.
O Portonovo reforza a dianteira con dúas incorporacións: Schneider, con experiencia en Viveiro e Barco, e Iker Escudero, procedente da Sarriana. No apartado das renovacións seguirán Marcos Prado, Jesús Barbeiro, Juan Berbeiro, Dadín e Monchito. Pola contra, non continuarán Gael, Pablito, Mateo García, Adrián, Mateo Presas, Joel e Dieguito.
A Sarriana tamén confirmou dúas renovacións importantes: a do porteiro Pirot e a do defensa Iago Parga. Dúas posicións que, ademais, reforza coas incorporacións de Jairo Luaces, procedente do Lugo, e Cabarcos, que chega desde o Somozas.
Foto portada: Atlético Montañeros































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































