# Hashtag
#Terceira RFEF

O Compos resiste en Badalona e volve a Segunda RFEF

O Compostela volve a Segunda RFEF tras unha eliminatoria na que tivo que sufrir ata o final. O equipo estaba chamado a pelexar polo liderado, pero unha segunda volta irregular obrigouno a recorrer o camiño longo para poder ascender, deixando atrás ao Villalbés e ao Arteixo antes de enfrontarse ao Badalona.

Na ida, os picheleiros fixeron valer o seu plan e dominaron o encontro para acadar un 3-0 que resultou decisivo na volta.

Os cataláns chegaban con experiencia recente en remontadas, tras darlle a volta a un 4-1 na final autonómica, polo que o escenario estaba claro: o Badalona na casa é forte e había que telo en conta.



O plan era resistir, e os santiagueses cumpriron. Especialmente destacado foi Álex Cobo, moi seguro baixo paus durante todo o encontro, frustrando as chegadas locais.

Na segunda parte, o desgaste fíxose evidente. O Badalona insistiu ata atopar o premio no minuto 69, cando Bermu marcou o 1-0 tras unha xogada a balón parado e reactivou a eliminatoria.

Aínda así, o Compostela mantívose firme ante un rival cada vez máis volcado. No minuto 90 chegou o segundo gol local, que disparou a tensión no Municipal, xa que un tanto máis levaría o encontro á prórroga.



Finalmente, o Compos resistiu o último asedio e confirmou o ascenso cun global de 2-3 que devolve ao equipo a Segunda RFEF.

O Compostela xogará na Segunda RFEF.
Foto: SD Compostela

O Silva permanece en Terceira RFEF

O Silva asegura a súa continuidade na Terceira RFEF tras a vitoria do Compostela, que evita os posibles arrastres de categoría.

A pesar da incerteza sobre a división na que competiría finalmente, o equipo xa avanzara na planificación deportiva e esta semana anunciou catro incorporacións. Para a defensa chegan Hugo García, desde o Arteixo; Manu Salgueiro, do Montañeros; e Iago Castro, do Sigüeiro. Na parcela ofensiva incorpórase Pablo Mouriño, procedente do Órdenes, coa intención de achegar gol e gañar protagonismo.



Outras dúas novidades na categoría son os ascensos do Antela e do Portonovo, sumánse así ao Lalín e ao Pontevedra B. O conxunto ourensán logrou o salto tras superar ao San Tirso na quenda de penaltis, mentres que o Portonovo confirmou o ascenso ante o Lemos tras gañar os dous encontros por 1-0, resolvendo ambas as citas cun gol nos compases finais.

Continuidade no Alondras

O equipo cangués foi o que máis movementos realizou esta semana tras renovar a once xogadores do seu plantel e fichar dous xogadores.

Seguirán no conxunto os porteiros Brais Pereiro e Pedro Ares; os defensas Diego Piña, Abel Martínez, Kopa e Aitor Aspas; o centrocampista Adri Hernández; e os atacantes Yelco Alfaya e Manufre, que continuarán unha temporada máis vinculados ao Alondras.

No capítulo de chegadas, regresan ao Alondras o mediocentro Antón Rial e o defensa Lope Quinteiro, ambos formados na canteira. Tamén se incorpora Álex Rodríguez, procedente do Céltiga, para reforzar a liña defensiva.

Pola contra, o club tamén confirmou as despedidas de Álex Ube, tras catro campañas no equipo, Adrián Cruz e Iker Barreiro, que buscarán novas oportunidades noutros destinos.



Montañeros y Villalbés, sen frenos no mercado

O Atlético Montañeros e o Racing Villalbés continúan axilizando a confección dos seus planteles para a próxima temporada, nun mercado no que ambos conxuntos están a moverse con gran rapidez.

Son xa 21 movementos os que suma o Montañeros tras as últimas novidades desta semana. O equipo coruñés incorporou a Moreta, que reforzará a defensa, e a Pablo Martínez, que se suma ao centro do campo. Ambos chegan procedentes do Atlético Arteixo, o que confirma tamén as primeiras baixas no conxunto arteixán xunto a de Hugo García. Ademais, continuará no equipo o lateral esquerdo Óscar Fernández.



En canto ás saídas, o Montañeros despídese de un dos seus capitáns, Miguel Real e de Iago López, mentres que Achore non seguirá no club e está na órbita de equipos de Segunda Federación.

Pola súa banda, o Racing Villalbés, que leva 18, mantén pezas clave como Borja Míguez e Sergio Otero, que tratará de recuperar sensacións. O club aposta tamén pola canteira, coa promoción de Gael Vidal ao primeiro equipo e a continuidade de David Gegún, que seguirá sendo unha peza importante a pesar de ter ficha de Primeira Futgal.

No capítulo de fichaxes, o equipo incorpora ao defensa coruñés Ángel Chans, procedente do Mirandés, e a Martín López, o xogador de Paradela regresa máis preto da casa tras cambiar o Lalín polo Villalbés. Pola contra, non continuarán Manu Mosquera nin David García.

O Lalín, pola súa banda, tamén segue movéndose no mercado. Tras a saída de Martín, o club incorporou a Brais Vidal e Óscar López, ambos procedentes do Estradense. López convértese na segunda incorporación para reforzar a liña defensiva, despois da chegada previa de Xabier Castiñeiras, procedente do Noia. Na parcela de baixas non continúan Iker na portería nin Rivas na defensa.

O Estradense incorpora as primeiras fichaxes

Alejandro Seijo convértese en novo xogador do Estradense tras chegar dende o Arosa, co obxectivo de reforzar a parcela ofensiva, onde xa se confirmaron as renovacións de Edu Taboada e Pablo Porrúa. Na liña defensiva incorpórase Matías Delicado, ‘Mati’, procedente do Gran Peña de Vigo.

Na portería, Pablo Brea continuará como gardameta do equipo, é o único que segue no plantel tras as saídas de Isra e Ale. Tamén continuará no plantel Marcos Mella.

En canto ás baixas, Óscar López pon fin á súa etapa no equipo tras seis temporadas, ao igual que Gerard Puerto, que tampouco continuará no Estradense.

A Sarriana comeza a estructurar

O conxunto sarrián comeza a planificar o seu regreso á categoría da que acaba de descender, a Segunda Federación. Para iso, aposta por Alberto Mariano como novo adestrador. O técnico, con experiencia en equipos como Noia e Villalonga nas últimas temporadas, afronta unha nova etapa no fútbol galego á fronte do conxunto branco.

No capítulo de fichaxes, a Sarriana incorpora ao defensa Iago López, procedente do Atlético Montañeros, e a Álvaro Uriarte, do Viveiro, que se converten nas dúas primeiras incorporacións da era Mariano.

No apartado de renovacións, o club tamén asegura a continuidade dos irmáns Vilariño, pezas clave no centro do campo. Na dianteira seguirá unha temporada máis Arona, mentres que o xogador Carlos Dono pasa a formar parte oficialmente do primeiro equipo tras as boas sensacións deixadas a pasada campaña.

Por outra banda, o Viveiro tamén anunciou un cambio no banco, xa que Alberto López non continuará á fronte do equipo na próxima temporada

O Boiro reforza o plantel con xogadores do Somozas

Kike Vidal e Juan Cambón deixan o Somozas para converterse en novos xogadores do Boiro. O conxunto boirense tamén anunciou a renovación de Iago Martínez e as despedidas de Facu Moreyra e Adri Castro.

Pola súa banda, o Somozas, máis alá destas dúas saídas, continúa apostando pola continuidade do plantel da pasada temporada. O club comunicou a renovación dos dianteiros Iñaki Leonardo e Lucas Fanego.

Outro dos equipos que, polo de agora, só anunciou renovacións é o Céltiga, que confirmou a continuidade de Carlos Gómez na defensa, así como dos mediocampistas Óscar Iglesias e Julio Rey, que seguirán unha temporada máis no club arousán.

O Compos resiste en Badalona e volve a Segunda RFEF

David Gómez, Galicia de Mugardos: «Sería un

O Compos resiste en Badalona e volve a Segunda RFEF

O Compos resiste en Badalona e volve