# Hashtag

A xornada retro chegou tamén ao fútbol afeccionado galego

A xornada retro celebrada en Primeira e Segunda División tamén deixou a súa pegada no fútbol afeccionado galego. Os futbolistas da UD Ribera, do grupo 6 da Primeira Futgal, saltaron ao campo cunha equipación dos anos 90, e o club ambientou as súas publicacións nas redes sociais como se fosen doutro tempo.

O conxunto do Rosal quixo levar máis alá esta celebración do retro e agasallou cunha rifa a cada afeccionado que entrou no campo cunha camiseta de fútbol antiga, fose do equipo que fose. É certo que a xornada retro non lle trouxo sorte ao Ribera, que perdeu ante o Candeán, pero viviuse unha fermosa xornada de fútbol.

A moda do retro

Nos últimos meses, outros clubs galegos sumáronse a esta moda do vintage. No caso do Estradense, o club sacou, da man das marcas Zico e Cultura Urbana, unha camiseta retro que tivo unha grande acollida.



O Tomiño, tamén da man de Zico, lanzou unha edición limitada da súa camiseta histórica que tivo tan boa acollida que se viron obrigados a lanzar tamén a camiseta retro de porteiro. Leva o escudo bordado e a inscrición “Tomiño FC 1934”.

Non é necesariamente un deseño retro, pero aproveitamos para destacar a nova camiseta do Baio, presentada coincidindo co 62 aniversario do club. O primeiro en vestila foi Braulio, xogador do primeiro equipo da entidade, en 1964. Nas redes, o Baio publicou un fermoso vídeo ao respecto.

Na maior parte dos casos, os clubs poñen á venda novas versións das camisetas retro. Pero outros mesmo venderon antigas camisetas que levaban anos no almacén. Foi o caso da SD Esclavitud, que en 2024 vendeu a só 10 euros camisetas utilizadas, que no seu momento foron a equipación oficial do club.



Houbo tamén quen simplemente lembrou:



A xornada retro chegou tamén ao fútbol afeccionado galego

Golpe de autoridade do Compostela na Lomba

A xornada retro chegou tamén ao fútbol afeccionado galego

A xornada retro chegou tamén ao fútbol