A loita polo liderado no grupo galego da Terceira RFEF apertouse definitivamente tras unha nova derrota da SD Compostela, esta vez fronte ao Lugo B. O conxunto lucense impúxose na Cheda nun duelo que confirmou o momento máis delicado da tempada para o cadro dirixido por Secho.
O equipo santiagués apenas gañou un dos seus últimos seis encontros. En apenas mes e medio acumulou tres derrotas ante rivais a priori inferiores, como o CD Barco, o Silva SD e agora o propio Lugo B, unha dinámica que reduciu por completo a vantaxe que chegara a ter no liderado.
OS NOSOS 🩵🤍
🆚 @CDLugoCanteira
📸 @nacho_castano_ #LugoBCompos pic.twitter.com/SsCgJmikHH
— S.D. Compostela (@SD_Compostela) March 8, 2026
O Arosa semella ser o rival a bater
Quen está a aproveitar esta situación é o Arosa. Firme no seu xogo e na súa regularidade, alcanzou ao Compostela na clasificación e ambos equipos suman agora 46 puntos no coliderado.
Os conxunto arlequinado e xa o mellor equipo da categoría nas últimas vinte xornadas e continúa mantendo un ritmo altísimo. Nas últimas cinco xornadas sumou 13 de 15 puntos posibles, un rexistro ao que só son capaces de achegarse o Atlético Arteixo e o Barco, ambos con 12 puntos. Ademais, o equipo de Vilagarcía non coñece a derrota neste 2026 (a última foi en Boiro o 21 de decembro).
Imaxe de portada: CD LUGO CANTEIRA















































































































































































































































































































































































































































































































































































































