# Hashtag

Tordoia e Valladares marcan o ritmo na Segunda Galega feminina

A Segunda División Galega feminina comeza a definir tendencias claras nos seus dous grupos. Tras varias xornadas disputadas, SD Tordoia no Grupo 1 e CD Valladares no Grupo 2 eríxense como os equipos máis sólidos da categoría, liderando as súas respectivas clasificacións con autoridade e números que explican por si sós o seu dominio.

Tordoia, líder firme nun Grupo 1 moi goleador

No Grupo 1, a SD Tordoia ocupa o primeiro posto con 39 puntos en 14 partidos. Isto é resultado dun balance case perfecto: 13 vitorias e só unha derrota. As de Tordoia están a protagonizar unha tempada moi completa, destacando especialmente no apartado ofensivo, con 68 goles a favor, a mellor cifra do grupo, e só 15 en contra.

O liderado non é froito dun día. O Tordoia mantén unha regularidade notable, cunha diferenza curta pero significativa sobre o Muxía CF, segundo clasificado con 37 puntos.



A nivel individual, o equipo tamén conta coa máxima goleadora do grupo: Rebeca Puente. Nesta volta de Rebe a casa suma xa 22 goles en 14 encontros, converténdose nunha das grandes referencias ofensivas de toda a categoría.

tordoia
O Tordoia soña co regreso á Primeira Galega. RRSS SD Tordoia

Valladares impón autoridade no Grupo 2

No Grupo 2, o protagonismo é para o CD Valladares, líder con 36 puntos en 12 xornadas, mantendo o pleno de vitorias ata o momento. Cun balance de 12 triunfos en 12 partidos, o equipo destaca pola súa solvencia colectiva e polos seus números impresionantes: 62 goles a favor e só 6 en contra.

Aínda que o Atlético Arousana (31 puntos) e o SD Touro (30) manteñen certa presión na parte alta, o Valladares amosa unha superioridade clara neste primeiro tramo de tempada.



Tamén no apartado goleador o liderado é compartido desde dentro do propio equipo, con xogadoras como Lucía Vila (16 goles) e Antía Salgueiro (13) encabezando a táboa, nun conxunto onde o gol está repartido e o rendemento colectivo prima sobre as individualidades.




Tordoia e Valladares marcan o ritmo na Segunda Galega feminina

Os Vintage: SD Nogueira de Ramuín 2015/2016

Tordoia e Valladares marcan o ritmo na Segunda Galega feminina

Tordoia e Valladares marcan o ritmo na