O gol é o máximo nesto do fútbol. E de moitos deles disfrutaron os espectadores dos campos do grupo 5 da Primeira Futgal durante esta fin de semana. Ata sete equipos, dos 18 que compoñen este grupo, anotaron tres ou máis tantos nos partidos correspondentes a quinta xornada da competición regular. Unha auténtica tolemia!
Cordeiro, Ribadumia; ambos os dous a domicilio, e Unión Dena, golearon nos seus encontros, vencendo por 4-0 a Ponte Caldelas, Cuntis e Amanecer respectivamente. Os mesmos goles anotou a SD Valiño, mais non foron suficientes para sumar puntos xa que o seu rival, o CD Sport Team Estrada, conseguiu a incrible cifra de seis tantos (4-6).
Por outra banda, o Marín gañou a domicilio por 0-3 ante o Flavia, mentres que o Arcade venceu no Salgueirón ao CD Unión por 3-1.
No resto de resultados da xornada non se viron tantos goles, sendo os resultados os seguintes:
- San Martín 0 – Campo Lameiro 0
- Marcón Atlético 1 – Abanqueiro 1
- Caldas 2 – Agolada 1
O total de goles anotados polos equipos deste grupo 5 de Primeira Futgal durante a pasada fin de semana foi de 34, é dicir, case 4 por partido. Números que non acostuman a ser habituais e falan da gran capacidade ofensiva dos conxuntos desta liga.
