# Hashtag

Rectificación: os grupos da Terceira Feminina volven a modificarse en setembro

A semana pasada publicamos a composición dos grupos da Terceira División Feminina para a tempada 2025/26. Malia explicar que non era algo definitivo, decidimos comunicar os grupos que foron amosados aos equipos na reunión coa Futgal. Pois ben, apenas uns días despois, a RFGF volveu modificar a configuración, obrigándonos a facer esta ampliación da información que foi dada fai 7 días. Un feito que, lonxe de ser anecdótico, exemplifica unha realidade que o fútbol feminino galego leva arrastrando anos: a improvisación constante na súa xestión.

Un problema estrutural

Estamos a mediados de setembro, esta mesma semana comeza a competición para moitos equipos, e fai tan só uns días recibían o calendario definitivo en categorías como a Segunda División Galega. Unha situación insólita que non fai máis que prexudicar a planificación dos equipos: corpos técnicos que non poden organizar microciclos, xogadoras que non saben con claridade cando arrincan as súas ligas e clubs que se atopan con incerteza á hora de estruturar o curso.

O fútbol feminino está nun momento de crecemento, con máis fichas, máis afección e máis proxectos cada ano. Mais, se a federación non é quen de dotar ás competicións dunha mínima estabilidade organizativa, resulta imposible dar ese salto cualitativo que todos demandan.



Os cambios nos grupos de Terceira

A propia EF Cabrejo comunicaba nas súas redes sociais os novos cambios e como agardaban poder coñecer dentro de pouco a data de inicio da competición. Podemos observar neste novo mapa que o Órdenes B pasa ao Grupo B ou que os equipos da Costa xogarán todos no Grupo C, xa que antes As Miúdas e Outes estaban no E.

Neste mapa aparece tamén vemos que no Grupo A non aparece o Santa Cruz ou que no Grupo D hai un novo equipo do PM Friol e non aparece o EF Silleda nin o Milagrosa.

Un saúdo futboleiro

Esta rectificación que hoxe publicamos non é só un axuste informativo senón a constatación dun problema de fondo. Se queremos que o fútbol feminino galego siga medrando, non abonda co esforzo dos que están no día a día. Cómpre tamén que dende arriba se planifique cun mínimo de rigor. Pola nosa parte, a semana que vén continuaremos facendo o que máis nos gusta, falar de fútbol feminino galego.

Rectificación: os grupos da Terceira Feminina volven a modificarse en setembro

Os Vintage: Alex Grueiro Prieto

Rectificación: os grupos da Terceira Feminina volven a modificarse en setembro

O máis destacado das primeiras xornadas na