# Hashtag
incendios o barco

Os incendios da provincia de Ourense tamén afectan ao fútbol

Galicia sufre unha vaga de lumes que deixa milleiros de hectáreas arrasadas nos últimos días na provincia de Ourense. O incendio forestal máis grande activo é o da comarca de Valdeorras, que chegou tamén a Lugo e León. Con 20.000 hectáreas afectadas, é o maior lume do que se teñen rexistros no país.

Ademais dos grandes danos na natureza e mesmo en núcleos de poboación, o incendio está a afectar tamén á pretemporada do CD Barco, aínda que non hai nin que dicir que nestas situacións o fútbol pasa a segundo plano.

O fume e a mala calidade do aire non permitía adestrar en condicións, pero os motivos ían máis alá. «Por respecto, solidariedade e agarimo a todas as persoas afectadas e que perderon parte da súa vida a causa das voraces lapas«, sinalou nun comunicado o club, que tivo suspendida a súa pretemporada durante varios días, dende o 15.



Ese día, o conxunto dirixido por Lino Estévez tiña marcado un amigable ante o Club Lemos, que finalmente se xogou este martes, con vitoria monfortina 2-1.

Partido especial Monterrei-Verín

O Monterrei e o Verín, de Primeira Futgal, xogarán o vindeiro domingo un partido solidario con Samuel, ex-xogador do Monterrei que perdeu a súa vivenda e vehículo por culpa do lume que comezou en Oímbra e arrasou a aldea da Caridade, xa en Monterrei. A entrada será unha doazón de oito euros que irán ao completo ao afectado.

Tamén traballan para concretar un amigable benéfico catro equipos de Primeira Futgal de provincias afectadas polos incendios. Son Ponferradina, Cultural, Zamora e Ourense CF.



O Verín, tamén afectado

Verín foi outra das zonas onde se declararon incendios forestais. O club desta localidade, que volve esta temporada a Primeira Futgal, ía participar no Memorial Xurxo Bouzo, no que se ían medir á UD Ourense.

Porén, a situación cos lumes levou ao Verín a ter que ausentarse do encontro, ocupando o seu lugar o Antela. O equipo de Xinzo mesmo saíu ao campo coa camiseta do Verín, «deixando de lado a rivalidade sa que temos«, apuntan.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *