Brais Prieto vive unha nova etapa na súa carreira tras deixar a Sarriana, coa que ascendeu a Segunda RFEF, e fichar no Lalín. A continuación as verbas do polivalente xogador de O Valadouro:
FutbolinGalicia (en adiante FIG): Hai un mes e medio ascendías a Segunda RFEF coa Sarriana. Como viviches esa histórica tarde?
Brais Prieto Cobas (en adiante BPC): «Con moita ilusión. Era algo polo que levabamos pelexando moitos meses. Despois dunha tempada tan longa, ese premio final déixanos cunha sensación de tranquilidade e alegría incrible. O ascenso fixo que todo o traballo que viñamos facendo ata ese momento tivese a súa recompensa.»
FIG: Cales cres que foron as chaves para lograr ese ascenso?
BPC: «O primeiro, moito esforzo e traballo por detrás. Despois, un modelo de xogo que se veu mantendo durante moitas tempadas. E finalmente un grupo humano de xogadores espectacular cun talento futbolístico tremendo.»
Nova etapa na carreira de Brais Prieto
FIG: Hai un par de semanas anunciábase a túa fichaxe polo Lalín. Que che convenceu para firmar alí?

BPC: «Foi unha decisión difícil, mais había un bo proxecto no cal a meta é o ascenso a Terceira RFEF. Era unha oferta boa e o adestrador Roberto mostrouse moi interesado en incorporarme, ademais de parecerme unha persona honesta.»
FIG: Que lle pode aportar Brais Prieto ao Lalín?
BPC: «Intentarei aportar o que sempre é imprescindible: traballo, esforzo, sacrificio e intentar poñer en práctica todo o aprendido estos anos para sacar a miña mellor versión, como trato de facer todas as tempadas.»

FIG: Como está indo a pretempada? E a túa adaptación ao club?
BPC: «A pretempada está sendo dura, coma todas. Levamos tres amistosos xogados por agora. En canto a adaptación, foi moi boa. Desde o primeiro momento sentinme integrado polos compañeiros.»
FIG: Cales son os obxectivos do Lalín para esta nova tempada?
BPC: «O obxectivo é gañar o partido de cada semana, sabendo que a liga é moi longa. Falar de ascenso a estas alturas sería equivocarse.»
FIG: Algunha meta a nivel individual?

BPC: «Seguir crecendo como futbolista, aportar o meu grao de area ao equipo e intentar xogar o máximo número de minutos ao mellor nivel que poida.»
FIG: Que equipos cres que pelexarán polo ascenso a Terceira RFEF?
BPC: «Non estou moi posto na liga a estas alturas pero do que coñezo, que é pouco, imaxínome que estarán arriba Negreira, Sofán, San Tirso, Pol e por suposto espero que nós.»
Cortiña e ao pé con Brais Prieto Cobas
Campo favorito: «Martínez Otero.»
Momento inesquecible da túa carreira: «O ascenso a Segunda RFEF.»
Un partido que recordes con especial agarimo: «O debut con gol no fútbol sénior sendo xuvenil.»
Un entrenador que te marcase: «Mourelos, no CD Lugo.»
Xogador rival que ficharías para o teu equipo: «Da nosa categoría ficharía a Luis Díaz.»
Equipo contra o que che guste xogar: «Este ano o Burela e o Pol porque son os equipos dos que máis xente coñezo.»