# Hashtag

A EFF Rosalía sela un acordo internacional co Boavista FC en favor do fútbol feminino

A Escola Feminina de Fútbol Rosalía continúa dando pasos firmes no seu proceso de crecemento e consolidación. O club galego vén de asinar un acordo de colaboración co Boavista FC de Portugal, un dos equipos máis históricos do país veciño, coa vista posta na promoción e avance do fútbol feminino.

A sinatura do convenio realizouse durante unha visita oficial da EFF Rosalía ao estadio do Bessa, en Porto, por invitación do club luso. Un escenario simbólico para unha alianza que busca tender pontes entre dous proxectos que comparten unha mesma filosofía: apostar pola formación, o intercambio e o progreso do deporte feminino.

Intercambios deportivos, formación e máis beneficios

O acordo entre ambas entidades inclúe múltiples accións: intercambios deportivos, xornadas de convivencia, partidos amigables, formación para corpos técnicos e sesións metodolóxicas compartidas. Trátase dun paso importante na aposta conxunta por profesionalizar e mellorar a estrutura do fútbol feminino, tanto en Galicia como en Portugal.



“Este acordo reforza a nosa filosofía: construír pontes que enriquezan a formación das nosas xogadoras e técnicos”, explicou Mario Gómez, presidente da EFF Rosalía. “Boavista é un referente en Portugal e compartir experiencias con eles será moi valioso para ambas partes.”

Pola súa banda, o coordinador da sección feminina do Boavista FC, João Pereira, destacou a importancia desta colaboración: “Agradecemos á EFF Rosalía a súa excelente predisposición. Este acordo supón un gran impulso para seguir medrando e mellorando. É um passo em frente para o futebol feminino.”

Un club en crecemento constante

A tempada 2024/2025 tivo un broche de ouro para a EFF Rosalía co ascenso do seu equipo sénior á Primeira División Galega Feminina Arzúa-Ulloa. Este ascenso consolida o traballo dun club que só se dedica ao fútbol feminino e que continúa a medrar tanto en número de xogadoras como en estrutura técnica.



Este acordo internacional simboliza non só unha oportunidade deportiva, senón tamén unha aposta polo intercambio cultural, o traballo en equipo e a mellora continua.

A EFF Rosalía sela un acordo internacional co Boavista FC en favor do fútbol feminino

Os 36 equipos da Preferente Futgal xa

A EFF Rosalía sela un acordo internacional co Boavista FC en favor do fútbol feminino

Diario dun Mercado na Terceira RFEF (IV)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *