# Hashtag
Partido de volta entre a Sarriana e o Pulpileño, na Ribela. ATLÉTICO PULPILEÑO

A Terceira galega xa está completa

A Sarriana é novo equipo de Segunda RFEF tras vencer ao Pulpileño este domingo (3-2) nun emocionante partido do que desfrutaron todos os afeccionados da comarca que se desprazaron ata A Ribela.

A consecuencia máis esperada do merecido ascenso do cadro adestrado por José Antonio Rodríguez é que, pese ao descenso da SD Compostela, o fútbol galego non sufrirá arrastres esta vez. Xa que logo, o Barbadás obtén o que conseguira no campo: a permanencia na categoría.

Altas e baixas na Terceira (III)

Coa listaxe completa de equipos que competirán o vindeiro curso no grupo 1 da Terceira RFEF, chega o momento de repasar o mercado de fichaxes, as renovacións, as altas e as baixas.



  • SD Compostela
    Baixas de Rabanillo e Diego
    Fichaxes de Álex Cobo, Diego Uzal e Damián Noya
    Renovacións de Samu
  • Estradense
    Renovacións do adestrador, Manuti, Carabán e Ander Bellido
    Adeus a Brais Calvo, logo de sete tempadas. Tamén marchan e Fuentes
  • Rácing Villalbés
    Renovacións de Diego López, Borja Míguez, e Cadra e Yago Miguélez (ambos do filial).
    Baixas de Edgar, Fito, Alberto Leira, Edgar Tourón
  • Noia
    Baixa de Aldán Naval
  • Alondras
    O novo adestrador é Rafa Villaverde, procedente do Beluso
  • Arosa
    Baixas de Javi Pereira e Compa
    Fichaxes de Edgar Redondo, Chema Leobalde
    Renovacións de Samu Santos, José Rivera, Javi Rey
  • Boiro
    Fichaxe de Rodri Zambrana
  • Somozas
    Fichaxe de Aldán Naval
  • Silva
    Fichaxe de José Moure (Arteixo), Murilo Scarpari (Betanzos), Máquez (sen equipo), Álex Coba (Betanzos), Minibugy (Polvorín), Bilal (Paiosaco)
  • Atlético Arteixo
    Fichaxes de Marcos Aller e Roi Rama
    Renovación de Fabio
  • Barbadás
    Fichaxes de Manuel Cougil e Jorge Benavides (Pabellón Ourense)
  • Atlético Montañeros
    Fichaxe de Brais Rodríguez
  • CD Barco
    Fichaxe de Miguel Freiría (Valladares)
    Renovacións de Álex Vázquez, Ibrahim Konaté, Alberto Conde, Imanol Elías
  • Juventud Cambados
    Retirada de Roberto Pazos

Actualizado a 23/06/2025

Imaxe de portada: Club Atlético Pulpileño



A Terceira galega xa está completa

O terceiro tempo. Episodio 38

A Terceira galega xa está completa

Oski, o autor do gol do ascenso,

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *