# Hashtag
Saúdo de capitáns no Pulpileño-Sarriana da final nacional polo ascenso a Segunda RFEF. CLUB ATLÉTICO PULPILEÑO

Unha vitoria para o ascenso da Sarriana e o mercado de fichaxes na Terceira

A Sarriana buscará o ascenso a Segunda RFEF na Ribela tras conseguir un valioso empate sen goles na súa visita ao municipal de San Miguel de Pulpí. A ida da final nacional comezou con dificultades para os galegos, pero o equipo foi gañando protagonismo co paso dos minutos ata rematar volcado sobre a área rival. Álex Millán contou coa ocasión máis clara para os visitantes, pero o seu disparo foi detido por Cristian Arco. Pola súa banda, Pirot interviu nos últimos minutos para evitar o tanto local.

A eliminatoria resolverase o vindeiro domingo ás 19:00 horas en Sarria, en plena celebración das festas patronais de San Xoán. Segundo apunta o diario El Progreso, dende o club agardan unha gran afluencia de público que podería superar os 2.000 espectadores. No caso de que se manteña o empate, haberá prórroga e, se fose preciso, unha quenda de penaltis. A Sarriana confía no empuxe da súa afección para culminar con éxito un curso histórico.

Altas e baixas na Terceira (II)

Coa tempada a piques de rematar de xeito oficial, é o momento de repasar as altas e baixas que se están a producir nos equipos que competirán a vindeira tempada no grupo 1 da Terceira RFEF. Ao descenso da SD Compostela e os ascensos do Atlético Montañeros e CD Barco, sumáronse esta pasada fin de semana as promocións do Céltiga, a costa do Atios, e do Juventud Cambados, case trinta anos despois da súa última vez na categoría, fronte ao Beluso.



  • SD Compostela
    Dúas baixas moi sensibles, as de Álvaro Casas e Pablo Antas, despois de oito e seis tempadas, respectivamente. Soa con forza Álex Cobo (UD Ourense) para a portería.
  • Atlético Montañeros
    Renovacións de Pedro Barbolla e Álex Suárez.
    Fichaxe de Dani Fernández, mediocentro procedente do xuvenil do UE Cornellá.
  • Rácing Villalbés
    Renovacións do gardameta Álex Santomé, dos irmáns Javi e Jose Varela, David Vérez, Make.
  • Noia
    Saída do porteiro Chema Leobalde, un dos mellores da tempada.
    Renovación do lateral Francisco Allo Perol ‘Paco’.
  • Arosa
    Baixas de Álex Vila, Óscar Varela, Duque e Romay.
    Renovación de Martín Diz.
  • Boiro
    Renovación de Arán Pazos.
  • Somozas
    Renovacións de Juan Cambón, ‘Xuco’, Dani Sánchez.
    Fichaxes de Lucas Fanego, do Viveiro, e Óscar Varela, do Arosa.
  • Gran Peña
    Renovación do adestrador Martín Blanco.
  • Viveiro
    Renovacións de Rolle, Arturo, Xoel Rodríguez, Álex Esquerdeiro e Carlos Teixeira.
  • Silva
    Renovación do pichichi da tempada regular, Rodri Parafita, Hugo Baldomar e Estramil, que foi intervido dunha lesión no xeonllo da súa perna dereita e estará de baixa uns nove meses.
    Fichaxe de Pablo Rubio (Barbadás) e Álvaro Rey, vello coñecido procedente do Somozas.
  • Atlético Arteixo
    Chega Alejandro Expósito Ferreiro ‘Posi’ como novo adestrador, procedente do Órdenes de Preferente, con Pereira como segundo.
    Renovación de Hevia.
    Baixas de Achoré e Iván Dopico.

Actualizado a 16/06/2025

Imaxe de portada: Club Atlético Pulpileño



Unha vitoria para o ascenso da Sarriana e o mercado de fichaxes na Terceira

O terceiro tempo. Episodio 37

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *