# Hashtag
#Fútbol Feminino #Primeira Galicia Feminina #Terceira RFEF Feminina

Silvia Sampayo pon voz ao ascenso histórico do Rosalía

O fútbol ás veces garda unha última sorpresa cando todo parece decidido. O Rosalía xa asumira que o ascenso tería que esperar despois de caer no playoff, pero a renuncia do Sárdoma abriu unha nova porta para o conxunto ourensán. Un xiro inesperado que cambiou por completo o final da temporada e que lle permite ao Rosalía competir o próximo curso en Terceira RFEF, facendo historia no fútbol feminino ourensán.

Silvia Sampayo repasa como viviron no vestiario esta temporada, desde a loita polo ascenso ata a reestruturación das categorías que lles permitiu dar o salto de categoría. Foi o presidente o encargado de dar a noticia a través do grupo do equipo. «Quedamos todas muy sorprendidas ya que después de haber perdido el playoff nadie se esperaba que pudiera pasar lo que pasó«, explica. A primeira reacción da xogadora foi de incredulidade: «No me lo creía, era una locura lo que estaba pasando». Despois de toda unha temporada de traballo, chegaba por fin a recompensa: «Pensé que por fin todo el esfuerzo se vía recompensado».

O ascenso pon o broche a unha temporada histórica para o Rosalía, que tamén conseguiu proclamarse campión da Copa de Ourense. O conxunto ourensán pecha así un curso no que, ademais do título copeiro, encadeou o seu segundo ascenso consecutivo e confirmou o crecemento dun proxecto que non deixa de dar pasos cara adiante.



Para Sampayo, detrás deste crecemento hai unha chave clara: o traballo constante. «Tengo claro que la clave es el trabajo constante y el sacrificio que hace el equipo y el club para sacar nuestra mejor versión», explica.

Un salto ao fútbol nacional

A próxima temporada será diferente. O Rosalía competirá por primeira vez en Terceira RFEF, nun escenario novo para o club e no que a esixencia será maior.

Sampayo viviu o playoff con moitas emocións, consciente de que estaba en xogo o premio ao traballo de toda a temporada. «El playoff lo viví con muchas emociones ya que nos estabamos jugando aquello para lo que llevábamos luchando todo el año», explica. A eliminatoria deixou tamén un sentimento especial pola oportunidade de defender a camiseta do Rosalía nun momento histórico: «Además, sentí un orgullo muy grande de estar peleando por un ascenso a 3ªRFEF con el Rosalía».



Agora toca mirar cara adiante. O salto de categoría obrigará ao club a continuar medrando e a redobrar os esforzos, pero a ilusión tamén será unha das grandes compañeiras de viaxe. «Este ascenso supone un reto muy importante para el club que requiere mucho sacrificio y trabajo por parte de todos».

Cen partidos no club de toda a súa vida

O ascenso chega, ademais, nun momento moi especial para Silvia Sampayo. «Sampi» alcanzou recentemente os 100 partidos co equipo sénior, converténdose nunha das centenarias do Rosalía. Unha cifra que pon en valor a traxectoria dunha futbolista que medrou dentro do club.



Sampayo, acompañada das outras centenarias da EFF Rosalía. Foto: EFF Rosalía

Sampayo chegou ao club no ano da súa creación e pasou por todas as súas categorías antes de chegar ao primeiro equipo. O seu debut co sénior produciuse o 6 de febreiro de 2022, fronte ao Mos, cando aínda estaba en idade cadete. Desde aquela foi gañando presenza e importancia dentro do equipo ata alcanzar tamén a capitanía esta temporada.

Catro anos despois daquel primeiro encontro, a centrocampista alcanza o centenar de partidos co primeiro equipo, unha cifra que cobra un significado especial. «Para mi es un honor y un privilegio haber cumplido 100 partidos con el senior tras llevar toda mi vida en el club», recoñece.

Primeiro test de pretemporada

O Rosalía xa comezou a preparar a próxima temporada coa disputa do IX Trofeo de Sanxenxo, no que se enfrontou ao Villalonga. O conxunto ourensán caeu por 2-0 ante o equipo pontevedrés, que este curso competirá en Terceira RFEF tras perder a categoría, nun primeiro test de pretemporada.

O calendario xa marca tamén os primeiros pasos do Rosalía na categoría. O conxunto ourensán estreará a Terceira RFEF a domicilio ante o Orzán, mentres que unha semana despois chegará o primeiro partido na casa fronte ao Friol. Dous primeiros pasos para un equipo que afrontará unha temporada histórica.

Silvia Sampayo pon voz ao ascenso histórico do Rosalía

Os Vintage: ACD Polígono San Ciprián 2018/2019

Silvia Sampayo pon voz ao ascenso histórico do Rosalía

Silvia Sampayo pon voz ao ascenso histórico