Personalizar las preferencias de consentimiento

Usamos cookies para ayudarle a navegar de manera eficiente y realizar ciertas funciones. Encontrará información detallada sobre cada una de las cookies bajo cada categoría de consentimiento a continuación.

Las cookies categorizadas como “Necesarias” se guardan en su navegador, ya que son esenciales para permitir las funcionalidades básicas del sitio web.... 

Siempre activas

Las cookies necesarias son cruciales para las funciones básicas del sitio web y el sitio web no funcionará de la forma prevista sin ellas.Estas cookies no almacenan ningún dato de identificación personal.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies funcionales ayudan a realizar ciertas funcionalidades, como compartir el contenido del sitio web en plataformas de redes sociales, recopilar comentarios y otras características de terceros.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies analíticas se utilizan para comprender cómo interactúan los visitantes con el sitio web. Estas cookies ayudan a proporcionar información sobre métricas el número de visitantes, el porcentaje de rebote, la fuente de tráfico, etc.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies de rendimiento se utilizan para comprender y analizar los índices de rendimiento clave del sitio web, lo que ayuda a proporcionar una mejor experiencia de usuario para los visitantes.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies publicitarias se utilizan para entregar a los visitantes anuncios personalizados basados ​​en las páginas que visitaron antes y analizar la efectividad de la campaña publicitaria.

No hay cookies para mostrar.

# Hashtag
movementos bancos feminino

Movementos nos bancos en Terceira Federación e Primeira Galega

Nos últimos días, dous equipos tomaron decisións chave para enderezar o rumbo das súas tempadas. En Terceira Federación, o Bergantiños decidiu prescindir de José Pastoriza como adestrador, mentres que en Primeira Galega, o Atlético Arousana tamén optou por un cambio, incorporando a Diego Rivas para tratar de evitar o descenso.

Hoxe en FutbolinGalicia analizamos estes movementos e falamos dos dous equipos.

Un cambio coa permanencia asegurada

O Bergantiños competía pola salvación, pero a retirada do Romanón da competición aseguroulle matematicamente a súa permanencia en Terceira Federación. A RFEF informaba a finais de xaneiro da renuncia do equipo asturiano que xa non se presentara a xogar no partido ante o Oviedo ‘B’.



No grupo 1 da Terceira Federación, onde se atopan os equipos galegos, só había unha praza de descenso, polo que automaticamente todos conservan a categoría. Malia este alivio na clasificación, o club tomou a decisión de separar o seus camiños do de José Pastoriza, o técnico que dirixira o equipo ata o momento.

Traspase de poderes ao inicio de tempada entre José e Gueli. Instagram Bergantiños

O relevo de Gueli Cotelo

José Pastoriza chegou no inicio de campaña tomando o relevo Gueli Cotelo que deixaba o primeiro equipo tras oito anos para ser o coordinador da estrutura do feminino. O Bergantiños FC acadou a pasada tempada o ascenso á Terceira RFEF tras 3 anos de intentos. Este ano o desafío está sendo complexo, pois dos 20 partidos disputados, tan só acadaron 9 puntos.

Con esta permanencia asegurada, o reto do Bergantiños agora pasa por pechar a tempada con boas sensacións, mellorar o seu xogo e comezar a sentar as bases do seu futuro cun novo adestrador.



O Arousana aposta por Diego Rivas para saír da zona baixa

En Primeira División Galega Arzúa – Ulloa DOP, a situación do Atlético Arousana é máis delicada. O equipo acumula sete derrotas consecutivas, o que provocou a destitución do seu adestrador Brais Bretal.

Para intentar cambiar a dinámica, o club confirmou a contratación de Diego Rivas, que asumirá o reto de evitar o descenso. Diego é coñecido polo seu traballo nas categorías inferiores da selección galega xunto con Vicky Vázquez, actual adestradora das Celtas.

brais bretal
O club despedía a Brais Bretal tras o encontro ante o Tomiño FCF. Facebook Arousana

A súa chegada busca aportar un novo impulso ao vestiario e reverter a complicada situación clasificatoria na que se atopan.



Un histórico en apuros

O Atlético Arousana está pasando por un dos momentos máis delicados da súa historia. Atrás quedan os anos competindo en categoría nacional, enfrontándose agora á realidade de loitar por salvarse na primeira autonómica. Con 10 puntos sitúanse como penúltimas e están a 6 puntos do Umia, que pecha a zona de descenso. Actualmente, a salvación certifícaa o Sárdoma con 19 puntos.

O obxectivo principal do equipo será recuperar a confianza e conseguir resultados que permitan ao Arousana manter a categoría nas 10 xornadas que quedan de competición.

Movementos nos bancos en Terceira Federación e Primeira Galega

David Portas, Atlántida de Matamá: «O fútbol

Movementos nos bancos en Terceira Federación e Primeira Galega

Os adestradores galegos gañan protagonismo a nivel

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *