# Hashtag
Rodri Parafita (Silva), novo pichichi da Terceira RFEF. Vía @fotos_peque

Os apuntes da xornada: a Terceira RFEF ten novo pichichi

A loita polo liderado: Sarriana e Estradense volven achegarse

A fin de semana no grupo galego da Terceira RFEF comezou o sábado cun sorprendente empate do líder diante do colista. A UD Ourense non puido no Couto cun loitador Betanzos (1-1). Semellaba, pois, que o liderado podía cambiar de mans.

Porén, un similar guión lle esperaría ao seu inmediato perseguidor. No partido da xornada, entre Arosa e Villalbés, estes últimos tiñan a oportunidade de asaltar o primeiro posto. As continuas precipitacións non deixaron nas mellores condicións o céspede da Lomba e o encontro estivo lonxe de ser vistoso (1-1). Un empate que sentou mellor nos visitantes ca nos locais. Non gañan na casa dende novembro e saíron do terreo de xogo entre asubíos da afección. Os vilagarciáns adiantáronse aos 11 minutos cun gol de Hugo Villaverde e, xa na segunda metade, Cadra igualou a contenda no 68 cun bo remate nun córner.

Os que sacaron máis proveito da xornada foron o Estradense e a Sarriana, que despois dun tramo da tempada con altibaixos parecen volver estar moi preto da primeira posición. Os primeiros gañaron ao Barbadás (0-2) e os segundos, dirixidos de forma interina por Iván Noé, lograron a vitoria na casa do Boiro grazas aos tantos de Millán e Alex Boedo (0-2). O ourensán José Antonio Rodríguez collerá os mandos na Ribela esta semana.

O mellor equipo actualmente?

Moitos coincidirán: o mellor equipo neste momento é o Valladares. Tras saír dos postos de descenso, os vigueses están asentados na metade da táboa, con nada menos que tres vitorias consecutivas (Alondras, Viveiro e Noia).



Na zona baixa, o Viveiro volveu caer e desta vez, cun rival directo, o recente ascendido Vilalonga. Os mariñáns xa levan catro xornadas sen gañar e teñen o descenso a tan só catro puntos. Este mesmo luns tomou as rendas do conxunto o leonés Adrián Benavides.

Rodri Parafita, un pichichi inesperado

Tamén está nun bo momento o Silva. Os coruñeses lograron unha vitoria de prestixio no Municipal de Barreiro e non coñecen aínda a derrota neste 2025. Mención á parte merece o seu lateral esquerdo, en orixe cando menos, Rodri Parafita (Cerceda, 1998). Nunha liga con dianteiros tan codiciados coma Dani Rosas (Gran Peña) ou Álex Comparada, ‘Compa’ (Arosa), o canteirán do Deportivo, con recente experiencia no soccer universitario estadounidense, xa é o máximo goleador da categoría con 13 tantos.

Foto de portada: @fotos_peque / @clubsilvasd vía Instagram



Os apuntes da xornada: a Terceira RFEF ten novo pichichi

O terceiro tempo. Episodio 19

Os apuntes da xornada: a Terceira RFEF ten novo pichichi

Os Diferenciais nunha xornada que deixou sorpresas

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *