# Hashtag
#Categorías RFEF #Entrevistas #Terceira RFEF

Fran López, Alondras: «Entrar nunha convocatoria co Celta ante o Real Madrid ou o Atlético é algo incrible»

Fran López Fernández formou parte do RC Celta durante 12 tempadas. Pasou pola canteira, polo segundo filial, polo Fortuna e mesmo chegou a debutar co primeiro equipo no Trofeo Quinocho en 2022. O curso pasado comezou a campaña na SD Compostela e rematouna no filial do Pontevedra. Este verán foi fichado polo Alondras.

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Antes de nada, agardamos que te atopes ben tras ser cambiado no partido da fin de semana pasada no minuto 17. Que sucedeu para ter que ser trocado?

Fran López (en adiante FL): Tiven que ser cambiado por unha pequena escordadura de nocello tras unha acción fortuíta. Deume o balón na perna e quedoume no aire ao apoiar. Non é nada grave, non hai nada fracturado.Hai que estar uns días parado, mais a progresión é boa e a inchazón baixou bastante.



FIG: Aínda disputando un cuarto de hora, anotaches o primeiro gol do partido e tamén o primeiro do equipo na Terceira esta tempada. Como foi ese tanto?

FL: A verdade é que si que tardei pouco en anotar gol. Foi aos cinco minutos tras un bo balón ás costas da defensa. Gaño a carreira ao espazo, quédame o balón botando na frontal da área e non vexo moita máis opción ca rematar.

Estou moi contento xa que considero que o gol facíame falta. Levaba tempo sen anotar e creo que aos dianteiros fainos falta meter ese primeiro tanto para acadar a confianza e que a partir de aí saia todo máis fluído.



FIG: Na primeira xornada sufristes unha derrota por 2 a 0 no campo dun ascendido. Paréceche a Terceira unha competición moi igualada ou ves a certos equipos moi por riba doutros?

FL: Creo que é unha das ligas máis igualadas que hai. Calquera pode gañar en cada partido. Son encontros que se deciden por detalles tanto a nivel ofensivo coma defensivo. O balón parado e gañar duelos individuais e grupais son importantes nesta categoría.

É unha división na que gañar é moi complicado, sexa o encontro na casa ou fóra. Evidentemente haberá equipos que teñan máis talento individual ca outros, pero isto súplese co aspecto físico, táctico e competitivo.



FIG: Moitos anos da túa vida no Celta. Minutos en Segunda B, Primeira RFEF e adestramentos e convocatorias co primeiro equipo. Que é o que máis recordas desta etapa da túa vida?

FL: É complicado quedarse unicamente cun momento. O máis importante, por así decilo, son esas convocatorias en liga co primeiro equipo; así como os minutos que tiven no Trofeo Quinocho. O Celta é o club da miña vida, son e serei toda a miña vida del.

Vivir o soño de entrar nunha convocatoria ante equipos como o Real Madrid ou o Atlético de Madrid é incrible. Quédome tamén cos minutos que tiven co Celta Fortuna e as tempadas co Celta C, que foron claves para a miña progresión. Tampouco olvido os anos na canteira, con todos os torneos; onde se fan moitos amigos. Teño a sorte de decir que estiven doce anos no club da miña vida e nunha das mellores canteiras de España.

FIG: O ano pasado foi a primeira vez fóra do Celta. Comezaches a tempada no Compos e remataches no Pontevedra. Como foi a experiencia nestes dous clubs galegos con tanta historia?

FL: Foi un ano atípico tras estar doce campañas consecutivas no Celta. Non foi a tempada que desexaba por mor das lesións, mais creo que a modo de madurez mental e saber como afrontar eses momentos, serviume moito. Pode ser que a nivel deportivo non fose o meu mellor curso, pero a nivel persoal aprendín a coidarme e coñecer o que me ven ben e o que non.



Só teño palabras de agradecemento para o Compos, un dos mellores vestiarios nos que estiven. Apoiáronme en todo momento e sentinme moi protexido, especialmente co tema das lesións. A etapa no Pontevedra tamén foi curta e a nivel deportivo non foi ben xa que non conseguimos a permanencia en Terceira RFEF co filial. Pero puiden sumar adestramentos regularmente co primeiro equipo e foi unha gran experiencia.

FIG: Cal é o obxectivo do Alondras este ano e como están sendo os primeiros meses para ti no club?

equipos

FL: Como xa dixen antes, a Terceira é unha competición moi igualada na que os obxectivos quedan un pouco en segundo plano. Evidentemente temos un bo equipo e xogadores de moito talento, xuventude e experiencia. Podemos facer unha tempada moi bonita.

Creo que pór un obxectivo específico é un erro xa que ao final é meterse presión a un mesmo. Considero que temos equipo para competir en tódolos partidos e gañar os máximos encontros posibles.Dende a humilde e o traballo diario tentaremos facelo o mellor posible. A competición poranos onde merecemos.

Fran López, Alondras: «Entrar nunha convocatoria co Celta ante o Real Madrid ou o Atlético é algo incrible»

O terceiro tempo. Episodio 1

Fran López, Alondras: «Entrar nunha convocatoria co Celta ante o Real Madrid ou o Atlético é algo incrible»

Ivalotelli volve a Preferente cun Lalín que

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *