Personalizar las preferencias de consentimiento

Usamos cookies para ayudarle a navegar de manera eficiente y realizar ciertas funciones. Encontrará información detallada sobre cada una de las cookies bajo cada categoría de consentimiento a continuación.

Las cookies categorizadas como “Necesarias” se guardan en su navegador, ya que son esenciales para permitir las funcionalidades básicas del sitio web.... 

Siempre activas

Las cookies necesarias son cruciales para las funciones básicas del sitio web y el sitio web no funcionará de la forma prevista sin ellas.Estas cookies no almacenan ningún dato de identificación personal.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies funcionales ayudan a realizar ciertas funcionalidades, como compartir el contenido del sitio web en plataformas de redes sociales, recopilar comentarios y otras características de terceros.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies analíticas se utilizan para comprender cómo interactúan los visitantes con el sitio web. Estas cookies ayudan a proporcionar información sobre métricas el número de visitantes, el porcentaje de rebote, la fuente de tráfico, etc.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies de rendimiento se utilizan para comprender y analizar los índices de rendimiento clave del sitio web, lo que ayuda a proporcionar una mejor experiencia de usuario para los visitantes.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies publicitarias se utilizan para entregar a los visitantes anuncios personalizados basados ​​en las páginas que visitaron antes y analizar la efectividad de la campaña publicitaria.

No hay cookies para mostrar.

# Hashtag

Yago, Fabio, Sotelo e Moure, ilusionados ante a Supercopa Galicia

A Real Federación Galega de Futbol deu a coñecer o cadro de competición para a II Supercopa Galicia. Coa fase previa da Copa do Rei como gran premio, catro equipos loitarán polo título en agosto, en plena pretempada.

Trátase dos gañadores de tres copas provinciais (o San Tirso pola Coruña, o Atlético Escairón por Lugo e o Verín por Ourense) e mais o Cultural Areas. Este último, subcampión da Copa Deputación de Pontevedra, participa ante a renuncia do Villalonga, que non pode clasificarse para a previa da Copa do Rei tras o seu ascenso a Terceira RFEF.

Os adestradores dos catro equipos coinciden no mesmo: esta competición ilusiona. A disputa da Supercopa obrígaos a modificar a planificación e fixan a última semana de xullo para o comezo dos adestramentos.



San Tirso – Verín

O San Tirso de Fabio Rodríguez recibirá o Verín o 15 de agosto. “Será a terceira semana de pretempada e xa temos competición. É o título da Supercopa, pero, detrás do telón, hai algo moito máis gordo, como é xogar a fase previa da Copa do Rei, algo histórico para o club”, sinala o técnico.

Tras unha boa campaña en liga e gañar a Copa da Coruña e a Copa Deputación, son ambiciosos. “Pode ser a única posibilidade na nosa vida de medirnos a un rival de Primeira División. É moi complicado, pero unha vez que estamos aquí imos pelexar con todo”, sinala Fabio.

O San Tirso mantén case a totalidade da base do equipo, agás os veteranos César e Santi, que se retiran, e a baixa de Bacariza. “Fixemos 18 renovacións e temos un bo punto de partida, porque xa temos un modelo de xogo definido”, sinala o técnico coruñés con raíces en Monforte.



Mediranse a un Verín que logrou o ascenso a Preferente con bos números e superou o Barco na final da Copa Deputación de Ourense. Tamén no José Arjiz están renovando boa parte do cadro de xogadores. Sobre esta Supercopa, o seu adestrador, Miguel Sotelo, di que o premio “premio é ser campión de Galicia e o ‘superpremio’ é a Copa do Rei”.

No Verín comezarán a adestrar o 30 de xullo, “para chegar ao día 15 coas sesións axeitadas. Como sabiamos desta competición non fixaramos ningún amigable nestas datas. Polo medio dos partidos da Supercopa non poñeremos ningún, só adestramentos”, apunta Sotelo.

Atlético Escairón – Cultural Areas

A outra semifinal medirá dous equipos que estrean adestrador. Por unha banda, o exlemista Óscar Moure dirixirá o Atlético Escairón tras a marcha de Iván González. O equipo do Saviñao ascendeu no play-off e conquistou a Copa Deputación de Lugo. Agora están ilusionados con esta Supercopa, “sobre todo por poder xogar a fase previa da Copa do Rei”, apunta Moure.



O adestrador asegura que a pretempada “vai estar marcada por iso. Empezaremos a última semana de xullo e planificaremos todo para chegar ben”. Mentres, avanzan nun mercado que se presenta “complicado, e cada ano máis. Ten as súas dificultades e nós estamos en terra de ninguén, entre Ourense e Lugo, e moitos non queren viaxar”, lamenta.

Os do Saviñao mediranse a un Cultural Areas ao que regresa Yago Yao como preparador. Xa estivera no club entre o 2017 e o 2020 e agora regresa cargado de ganas. Máis coa sorpresa da Supercopa. “Atopámonos coa posibilidade de participar nesta bonita competición. Trastoca algo a pretempada, pero afrontámola con ilusión”, di.

Sobre a preparación para esta competición, Yago Yao di que quizais teñan que comezar algo antes, “pero tampouco moito. Os xogadores remataron a tempada moi tarde pola Copa de Pontevedra e temos que manexalo ben. O obxectivo é chegar ao primeiro partido ante o Escairón nas mellores condicións posibles”.


A segunda Supercopa Galicia

Estes catro equipos buscarán facerse co título da Supercopa Galicia e suceder así no trono ao Portonovo. O conxunto arlequinado venceu a primeira edición deste trofeo, cuxa final se disputara no estadio vigués Abanca Balaídos. Un gol de Dani Abalo no tramo final rompera a igualada (o encontro ante o Sofán ía 2-2) e mandara a Supercopa cara a Portonovo.

Con todo, a edición de 2024 presenta unha importante novidade. Segundo xa se anunciara, o campión desta segunda Supercopa será o equipo galego que participe na fase previa da Copa do Rei. Aí xogará contra un equipo de ámbito autonómico doutra federación territorial, segundo a RFGF.



No caso de superar esta eliminatoria a partido único, entrará a todos os efectos na primeira rolda da Copa do Rei. Entón, recibirá no seu campo a un equipo de Primeira División que non estea inmerso en competición europeas. Un deses premios que salvan tempadas completas.

Yago, Fabio, Sotelo e Moure, ilusionados ante a Supercopa Galicia

Vicky Vázquez, As Celtas: «Só me queda

Yago, Fabio, Sotelo e Moure, ilusionados ante a Supercopa Galicia

O histórico Xove Lago, en risco de

2 Comentarios

  1. […] Yago, Fabio, Sotelo e Moure, ilusionados ante a […]

  2. […] Yago, Fabio, Sotelo e Moure, ilusionados ante a […]

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *