# Hashtag

O Xuventude Sanxenxo, interesado na vacante da Primeira Futgal

O Xuventude Sanxenxo está interesado na vacante existente na Primeira Futgal. O presidente do club, Diego Blanco, admite que o club está disposto a facerse cargo da praza que deixou o Ribadavia en caso de que a Federación llo propoña. Na tempada 2021/22, o Sanxenxo competiu na Preferente Sur e foi caendo ata a Segunda Galicia, categoría na que xa participou a pasada campaña.

«Claro que estariamos interesados«, afirma Blanco. Iso si, explica que terían que «valorar a nivel de directiva» o feito de ter que competir ante rivais da zona de Vigo e o Baixo Miño e non da súa zona, pero di que, de entrada, «non o vemos mal«. «Outros equipos quizais non estean interesandos, pero o Sanxenxo si, porque temos potencial para máis«, sinala o presidente.

En caso de que a Federación lles dea a oportunidade de saír en Primeira Futgal e o Xuventude Sanxenxo finalmente acepte, o presidente do club pensa que non deberían realizar demasiados cambios. «Fixemos un cadro de xogadores para intentar ascender. A maioría dos futbolistas son de Primeira, non de Segunda. Iso non sería un problema, dous retoques a competir«.



Varios clubs non aceptarán

O Xuventude Sanxenxo está no posto 25 na listaxe de equipos aos que a Federación dará a oportunidade de asumir a praza que deixou vacante o Ribadavia Atlético. O conxunto ourensán renunciou a saír nesta categoría polo incremento de distancias nos desprazamentos, ao quedar encadrado nun grupo con equipos da zona sur de Pontevedra.

Aos equipos que aí figuran hai que engadir á Milagrosa en primeiro lugar. Futgal

Aínda que hai moitos clubs por diante do Xuventude Sanxenxo, varios deles xa indicaron que non están polo labor de saír a competir en Primeira Futgal nas condicións propostas. O primeiro da listaxe, a Milagrosa de Lugo, amosouse moi crítico e o seu director deportivo cualificou a situación como «unha das máis vergonzosas do fútbol galego nos últimos anos«, dixo a Futbolinlugo.

Outros dous clubs lucenses, o San Ciprián (segundo na listaxe) e o Brollón (cuarto), tamén avanzaron que non aceptarán a praza. «Nós estamos ben onde estamos», sinalou Eduardo Rubal, presidente do San Ciprián.



Futbolingalicia púxose en contacto con outro equipo pontevedrés, o Rodeiro (na posición número 20), que por compartir provincia podería estar interesado. Con todo, dende a directiva deste club descartan aceptar a praza. «Estamos pouca xente, un cadro de xogadores curto para xogar nos arredores de Santiago; a Vigo non viría xogar ninguén«, apunta Xosé Moure, directivo. Consideran que un ascenso a Primeira lles obrigaría a cambiar o modelo do club.

Na provincia de Ourense, o Coles non ve viable saír a competir nese grupo. Na listaxe figuran outros equipos, como o CD La Purísima, co que esta páxina intentou sen éxito contactar este venres. No caso do Agrón Barcala, de Ames (zona de Santiago), que será o sexto equipo ao que se lle propoña o ascenso a Primeira Futgal, din que o terían que estudar. «Habería que falalo entre toda a directiva, pero o grupo de Vigo quédanos a desmán. O ascenso sempre se ve con bos ollos, pero todos os desprazamentos serían grandes, e ese é o único inconveniente que vemos«, din.

Nas vindeiras xornadas coñeceremos o equipo 108 da Primeira Futgal e veremos se se produce algunha sorpresa. O anuncio non debería demorarse, pois a competición dará comezo a fin de semana do 7 e 8 de setembro. A RFGF xa deu a coñecer os calendarios, que podes consultar aquí: grupo 1, grupo 2, grupo 3, grupo 4, grupo 5 e grupo 6.




Análises dos grupos da Primeira Futgal

FutbolinGalicia publicou a pasada semana a análise do grupo 2 da Primeira Futgal, que mestura equipos que antes estaban no grupo da Coruña e Ferrol con outros de Santiago e a Costa. Iso fai prever unha tempada moi novidosa para os 18 equipos. Boimorto, Dumbría e Carral semellan partir como favoritos neste grupo.

Nas últimas semanas, FutbolinGalicia púxose en contacto cos adestradores da categoría para coñecer a súa opinión na conta atrás para o inicio da liga. Nas vindeiras semanas publicaranse os artigos sobre os outro grupos desta Primeira Futgal. O obxectivo é ofrecer todos os detalles da categoría antes de que comece a rodar o balón.

O Xuventude Sanxenxo, interesado na vacante da Primeira Futgal

Motores en marcha para os equipos galegos

O Xuventude Sanxenxo, interesado na vacante da Primeira Futgal

Victoria e As Pontes, chamados ao ascenso

1 comentario

  1. […] O Xuventude Sanxenxo, interesado na vacante da Primeira […]

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *