# Hashtag

Non é o mesmo un equipo dependente que un filial: esta é a diferenza

Os clubs de fútbol poden ter filiais ou equipos dependentes en todas as divisións ou categorías inferiores á que estean rexistrados, aínda que limitándose este dereito a só un en cada unha daquelas, de maneira que en cada división só poderá haber un equipo do mesmo club ou un filial deste.

Cómpre coñecer que supón cada unha destas figuras, pois non son o mesmo e a miúdo adoitan confundirse.

Que é un filial?

A relación de filialidade implica dous clubs. Segundo o regulamento xeral da RFEF, as entidades poden establecer entre si estes convenios de filialidad sempre que pertenzan á mesma Federación de ámbito autonómico. Tamén é necesario que o patrocinador milite en categoría superior á do patrocinado e que este obteña expresa autorización da súa asemblea, o que deberá notificarse á RFEF e á federación autonómica, segundo trátese de clubs nacionais ou non.



Os clubs filiais non teñen a mesma denominación que a do patrocinador, e este só pode dispoñer dun filial en cada unha das divisións das categorías nacional e territorial, excepto tratándose das de xuvenís ou das inferiores a estas.

Un exemplo disto no fútbol galego é o do Sigüeiro de Preferente Norte, que actúa como filial da SD Compostela. «O Sigu permitiu a moitos xogadores da Canteira Picheleira dar o salto ao fútbol profesional, tendendo unha ponte entre a idade xuvenil e o primeiro equipo da SD«, indicaron dende o club da capital de Galicia.

Este convenio tamén reforzou ao Sigüeiro, como demostran as súas últimas campañas na Preferente. O equipo nutriuse nestes anos dos principais xogadores da canteira do Compos e obtivo bos resultados deportivos. A pasada tempada acabaron na zona alta na liga e ergueron a Copa do Sar.



Que é un equipo dependente?

A diferenza dos filiais, os equipos dependentes dun club son os que conforman a súa propia estrutura, estando adscritos a divisións ou categorías distintas e inferiores.

Por seguir con exemplos da Preferente, en concreto do grupo sur, o Pontevedra ‘B’ non é o filial do Pontevedra, senón un equipo dependente. Iso si, o club presidido por Lupe Murillo si conta cun filial, o CD Lerez, cun equipo en Primeira Futgal e outro de veteranos.

Limitacións para os xogadores

A participación en diferentes equipos dun mesmo club implica limitacións para os xogadores, tal e como lembrou ao comezo da tempada a RFGF nesta circular. O futbolista que, estando rexistrado nun equipo dependente ou filial, fose aliñado en 15 partidos no equipo de división superior da mesma categoría (idade) da competición de liga da cadea do propio club ou do patrocinador, non poderá volver ser aliñado polo que reste de tempada no equipo no que se atopase rexistrado. Isto aplícase en toda competición oficial, tanto de liga como de copa).



Se o xogador é aliñado en dous ou máis equipos de división superior da mesma categoría idade, contabilizarán ditas participacións de maneira conxunta. Súmanase as aliñacións nestes equipos e o límite segue a ser de 15 partidos. Se o xogador está inscrito nun equipo ‘C’ e vai uns partidos co ‘B’ e outros co ‘A’ súmase a cantidade total de encontros disputados.

Neste último caso, o xogador unicamente poderá ser aliñado no equipo onde participase nun maior número de ocasións, o ‘A’ ou o ‘B’. De ser o mesmo número, quedará no último equipo onde foi aliñado, podendo participar tamén en equipos de categoría superior. Esta norma non será aplicable respecto a a categoría de afeccionados/as e competicións femininas de base.

Non é o mesmo un equipo dependente que un filial: esta é a diferenza

Arranca a competición para a maioría dos

Non é o mesmo un equipo dependente que un filial: esta é a diferenza

Primeiros reforzos na Preferente para mudar os

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *