# Hashtag
Os Diferenciais de FutbolinGalicia

Os xogadores Diferenciais da xornada 26 da Primeira Futgal

Momento de buscar Diferenciais de FutbolinGalicia da xornada 26 da Primeira Futgal, con cambio de líder no apertado e emocionante grupo 1. A Cultural Maniños recupera a coroa logo de remontar nos últimos minutos ante o Meicende. Christian fixo o 1-2 definitivo en Arteixo xa no tempo extra. Isto nunha xornada que deixou tamén o partidazo entre o Victoria, que partía de líder e un Relámpago que encadeaba unha espectacular xeira. Outro partido destacado foi o que ofreceron o Orillamar, actual terceiro clasificado, e o Cambre, quinto, a só tres do líder.

Do resto da xornada, cómpre salientar o ‘hat trick’ anotado por Gabriel Blanco na vitoria 0-4 do Olímpico diante dun Ural que levaba tres vitorias consecutivas. O campo da Grela foi testemuña dunha morea de goles tamén no partido entre o Torre e o Marte. O Torre chegou a ir 3-0, pero nos vinte minutos finais, o Marte acadou o empate 3-3. Óscar fixo un dobrete.

Xornada de goleadas no grupo 2. Nove partidos consecutivos leva sumando de tres o líder, o Carral. O domingo mallaron 5-0 o Tordoia e o máximo goleador do equipo, Joni, volver aparecer para asinar un dobrete. Leva xa 16 dianas. A cinco do líder e en postos de play-off está o Dumbría, que venceu 6-1 ao Vea. Diego Estévez fixo tres goles e suma xa 27 tantos en liga. Na zona baixa, o Bertamiráns segue afastándose do descenso. Gañaron os catro últimos partidos -algo que só conseguen eles e o líder-, esta vez 2-0 ante o Fisterra con goles dos Adrián, Castro e Márquez.



A xornada nos grupos 5 e 6

De boas dinámicas sabe tamén o Puebla, que se mantén líder do grupo 5 con 12 puntos de vantaxe. Acadaron o triunfo no último suspiro en Padrón grazas a un golazo de Hugo Amoedo que podes ver na conta de Instagram de FutbolinGalicia. Nos postos altos consolidouse tamén o Cordeiro, que é terceiro e este domingo impúxose con claridade ao Valiño 0-5, con senllos dobretes de Rubén e Moisés.

No grupo 6, o Chaín adiantouse cedo, con gol de Alberto no minuto 9, acabou superando 0-2 ao Alertanavia en Coia. Este resultado permite ao Tyde ampliar a súa vantaxe. Os de Tui, líderes, frearon a un Vila do Corpus que sumaba catro vitorias consecutivas e estaba nun momento de forma espectacular. Juan Paramos fixo o primeiro dos tres goles de Tyde ao filo do descanso. O Goián segue confiando na permanencia e sumou unha vitoria chave ante un rival directo. David anotou no minuto 82 o único gol do partido e os de Tomiño están a un punto da Milagrosa, que marca a salvación.

En Lugo e Ourense

En terras luguesas, ao Outeiro de Rei sentoulle ben o cambio no banquiño. O equipo puxo fin a unha tráxica xeira de nove derrotas seguidas. Os de Aarón Sánchez superaron 2-1 ao Pastoricense. Foi chave o gol de Diego Fernández á volta de vestiarios. A SD Chantada, tras a dolorosa derrota no derbi, volveu a sumar por todo o alto: goleando 3-0 á Residencia. Miguel Carnero anotou o primeiro dos da vila do Asma.



Rematamos repaso no grupo ourensán. O Cartelle non quere baixar do tren da loita pola permanencia. Rabuñaron un empate de moito mérito ante o Celanova. Javier Ferreira anotou o gol do equipo de Dany Prado. Outros catro empates deixou esta xornada 26 que volve confirmar o bo momento de forma do Monterrei, coa quinta vitoria consecutiva ao superar 3-1 ao Loñoá con dobrete de Emmanuel. O Polígono tamén gañou e empata a puntos ao Muíños, que está en play-off. Juan Suárez anotou un auténtico golazo, que foi o segundo dos amarelos na vitoria 2-1 ante o Maceda.

Que son os Diferenciais?

Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.

Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.



Podes poñerte en contacto con FutbolinGalicia a través de X ou de Instagram.

Tamén podes acceder ás listaxes dos Diferenciais das pasadas xornadas, premendo aquí.

Os xogadores Diferenciais da xornada 26 da Primeira Futgal

Os apuntes da xornada na Terceira RFEF:

Os xogadores Diferenciais da xornada 26 da Primeira Futgal

Alejandro Ocampo, CD Barco: «Temos que seguir

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *