Momento de buscar Diferenciais de FutbolinGalicia da xornada 27 da Primeira Futgal que que deixou tres contudentes goleadas en tres dos seis grupos. A máis rechamante foi a do Victoria CF, que se mantén empatado a puntos co líder Cultural Maniños tras mallar 8-0 ao Valdoviño. Óscar De Castro anotou dous dos oito tantos.
Nun grupo 1 no que tamén goleou 0-4 o Meicende. Outros catro anotou o Cambre (4-1) ante o Torre, con actuación destacada de Brahiam, autor dun ‘hat-trick’. E o Marte puxo fin á xeira de 12 partidos sen perder do Relámpago. Óscar Martínez adiantou ao Marte aos seis minutos, poñendo o sétimo gol da tempada na súa conta particular.
Tamén sen fartou de goles o líder do grupo 5, o Puebla, que goleou 6-0 ao Atlético Cuntis, con dobrete de Juan García que se sitúa como segundo máximo goleador, só por detrás do seu compañeiro Hugo Amoedo. No duelo directo pola cuarta posición, o Vilaboa superou a un Arcade que só gañou un dos últimos cinco partidos. Pedro Carril anotou o 1-2 defitino para a UDC no treito final. E, con ese resultado, o Ribadumia asalta a quinta posición. Venceron 1-3 ao San Martín. Un dos goles foi de Félix, máximo artilleiro dos da Senra.
Goleadas tamén no grupo 6
Non quedaron con fame de goles tampouco en Nigrán. O Val Miñor superou 5-0 ao Tomiño con ‘hat-trick’ de Pablo Fole incluído. Mentres, o líder Tyde levou o derbi tudense ante o Caldelas, 0-3, con dobrete de Aballe. Nas Gaiandas, o Progresista conseguiu outro meritorio triunfo na súa estrea nesta Primeira Futgal, ao vencer 2-3 ao Gondomar. Aaron Martínez fixo o empate para os de Sebas, gol co que iniciaron a remontada.

Vitoria de mérito tamén a conseguida polo Vizoño, que puido co segundo clasificado, o Carral, o que deixa líder en solitario ao Club do Mar. O Vizoño venceu 2-1 no Pinar grazas ao gol de Jorge Amor no minuto 91. Na pelexa polo sétimo posto, o Castriz sacou ou da Arliña ao remontar nos últimos cinco minutos. Borja Gándara anotou o gol da vitoria (1-2). E tamén remontou no treito final o Bastavales, que gañou 2-1 grazas a un gol de Miguel Castro.
En Ourense e Lugo
O Sporting Celanova mantense segundo, a sete do líder, tras superar 3-1 a un Córgomo que vai vendo como se lle escapa o play-off. Iago González, máximo goleador dos de San Rosendo, anotou un dos goles. Seis triunfos consecutivos encadea o Monterrei, que superou 1-4 ao Melias e peta á porta do play-off, do que o separan dous puntos. Christian Emmanuel viu porta o domingo por décima vez no que vai de liga. Paso de xigante de cara á salvación do Maside, remontando ante un rival directo como o Loñoá. Martín iniciaba a remonta empatando no minuto seis.

En terras luguesas, sexta vitoria consecutiva do Guntín, que se impuxo 3-1 a un Foz que comezara adiantándose, pero Borja aparecía para empatar en Ladairo. Un gol de Yago Cruña á media hora serviu ao Lourenzá para derrotar a unha SD Chantada que aspiraba ao play-off. E o Xove asaltou o campo da Liga 2-3 con dobrete de Hugo Pérez Meitín.
Que son os Diferenciais?
Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.
Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.

Podes poñerte en contacto con FutbolinGalicia a través de X ou de Instagram.
Tamén podes acceder ás listaxes dos Diferenciais das pasadas xornadas, premendo aquí.