# Hashtag
Celebración de ascenso da UD Ourense coa súa afición. CARLOS JULIO GONZÁLEZ

A Terceira galega xa ten campión… E agora?

A UD Ourense proclamouse campión da Terceira RFEF despois dos resultados colleitados na última semana, onde se desputaron tres xornadas en sete días. Os ourensáns acadaron o seu quinto ascenso tras brillar nunha tempada case perfecta. A diferenza dos seus rivais directos, o conxunto adestrado por Borja Fernández foi de menos a máis e unha vez acadou o liderado, mantívose nel con paso firme.

Tres xornadas con moito en xogo

E agora que? Quedan tres xornadas e hai moito en xogo. Para comezar, ningún equipo ten asegurado o play-off. Todos os equipos interesados están sendo bastante irregulares nas últimas semanas. O Rácing Villalbés vén de perder o segundo posto en beneficio do Estradense logo de encaixar outra derrota no derbi provincial co Viveiro (2-0). Pola súa parte, os de Tabeirós gañaron ao Arteixo (2-1) e recuperaron a boa dinámica de resultados que perderan na última semana coas derrotas contra Ourense e Somozas.



En cuarto posto sitúase a Sarriana, cuxa vitoria na Magdalena foi un oasis no medio do deserto. Caeu por goleada na Ribela fronte a un Polvorín moi certeiro na estratexia (0-4). Se hai unha semana parecía improbable que o Arosa recuperara a quinta posición, cando menos de maneira inmediata, dúas vitorias consecutivas e dúas derrotas do Alondras fixérono posible. Ambos equipos, empatados na táboa con 50 puntos, teñen á Sarriana a un paso, pero tampouco se poden despistar porque ambos veranse as caras na última xornada nun partido apaixonante na Lomba e o Noia ameaza a tan só catro puntos.

A salvación: sete equipos en dúas vitorias

Na parte baixa da táboa, a loita pola permanencia está que arde. Varios conxuntos coma o Viveiro e o Somozas parecen afastarse grazas a encadear bos resultados nas últimas semanas. O equipo de Benavides logrou aproveitar o factor Cantarrana, onde levan tres triunfos consecutivos arroupados pola súa xente.

A última praza de descenso ocúpaa actualmente o Atlético Arteixo con 31 puntos, pero outros catro equipos máis atópanse en risco. Villalonga (33 pts), Valladares (33 pts), Barbadás (33 pts) e Boiro (35 pts) están nun puño, separados apenas por dous puntos.



Especial mención merece o Villalonga que, cun partido menos, ten na súa man saír da zona de perigo se logra sumar o vindeiro 1 de maio no partido aprazado contra o Betanzos.

A Terceira galega xa ten campión… E agora?

O terceiro tempo. Episodio 29

A Terceira galega xa ten campión… E agora?

A Terceira galega xa ten campión… E

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *