# Hashtag

A loita polo ascenso no grupo 4 de Primeira Futgal

Entramos no tramo final de tempada, no cal se deciden ascensos, descensos e os equipos con dereito a xogar o play-off de ascenso. A resolución desta última situación no grupo 4 da Primeira Futgal antóxase emocionante.

O Antela é o principal candidato ao ascenso directo. Ocupa a primeira posición, con sete puntos de vantaxe co segundo clasificado a falta de sete xornadas. Mais nas derradeiras fin de semanas viu reducida a súa distancia cos seus máis inmediatos perseguidores tras tres empates consecutivos entre as xornadas 23 e 25.

Varios equipos pelexan polos postos de play-off

Sporting Celanova e Polígono San Ciprián ocupan a segunda e terceira praza con 53 e 50 puntos respectivamente. Con 48 atópanse Muiños e Monterrey, estes últimos en dinámica ascendente tras obter seis triunfos consecutivos.



Velle, con 45 puntos, Corgomo Villamartín e Nogueira de Ramuín, ambos con 44, non queren despegarse neste treito final. As derrotas sufridas polos tres conxuntos nas últimas xornadas supuxeron un xarro de agua fría, mais as opcións de chegar ao terceiro posto continúan existindo.

A importancia dos duelos directos

Os duelos directos terán unha gran trascendencia. E son varios nas sete xornadas restantes! A continuación unha lista cos partidos chamados a esclarecer o ascenso directo e os equipos que xoguen o play-off de ascenso a Preferente Futgal:

  • Muiños – Sporting Celanova (xornada 28)
  • Antela – Corgomo Villamartín (29)
  • Sporting Celanova – Monterrey (29)
  • Muiños – Corgomo Villamartín (30)
  • Antela – Muiños (31)
  • Corgomo Villamartín – Monterrey (31)
  • Sporting Celanova – Nogueira de Ramuín (31)
  • Monterrey – Muiños (32)
  • Velle – Sporting Celanova (32)
  • Monterrey – Antela (33)
  • Corgomo Villamartín – Nogueira de Ramuín (33)
  • Sporting Celanova – Polígono San Ciprián (33)
  • Nogueira de Ramuín – Muiños (34)
  • Velle – Corgomo Villamartín (34)

Un mes e medio de moita emoción por diante. Moitos equipos pelexan por un mesmo e bonito obxectivo. O céspede porá a cada conxunto onde merece. Que rode o balón!



A loita polo ascenso no grupo 4 de Primeira Futgal

Sete equipos da Preferente Norte loitan por

A loita polo ascenso no grupo 4 de Primeira Futgal

O terceiro tempo. Episodio 26

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *