# Hashtag

Triunfal inicio de liga do Puebla FC, con pleno de vitorias

O Puebla FC é o único dos 108 equipos da Primeira Futgal que conta os seis primeiros partidos por vitorias. O conxunto adestrado por Juan Alfonso Vidal ‘Chofri’ lidera o grupo cinco, con 18 puntos. A pasada tempada, os da Pobra do Caramiñal (9.216 habitantes) quedaron ás portas do ascenso, pero a ilusión por acadar o salto de categoría, din, segue intacta.

Diego Bendaña, capitán do Puebla, asegura que saber que son o único equipo con pleno de vitorias serve «como unha motivación extra cada domingo«. «Os nosos rivais tamén teñen algo de motivación por xogar contra o líder, e, aínda que sabemos que algún día rematará esta xeira, imos gozala mentres continúe«, sinala o defensa santiagués.

Neste senso, Bendaña sinala que «cada partido é diferente, nós somos humanos e días malos temos todos». Con todo, asegura que farán «todo o que estea nos nosos pés para que se prolongue o máximo posible«.



Un derbi na vindeira xornada

Precisamente, este domingo o conxunto branquiazul afronta un derbi no que buscará manter a súa condición de lider. Mediranse no campo da Alta ao CCD Taragoña, do concello veciño de Rianxo. Hai dúas xornadas xa lles tocou outro duelo de proximidade, ante o SD Valiño (de Cabo de Cruz, no municipio de Boiro), que os de Chofri venceron 3-1.

En xeral, Bendaña pensa que o nivel da liga «é moi similar ao doutro grupo [o que lles tocara a pasada tempada] e que non vai ser fácil para ninguén. Á vista está que calquera equipo gaña ou perde contra calquera«, di. Sobre o cambio de grupo, admite que comezaron a tempada con «algo de incerteza«, ao non coñecer os rivais nin os campos.

Suman 18 puntos, tras vencer a Campo Lameiro, San Martín, Vilaboa, Ribadumia, Valiño e Soutomaior. Tras as seis primeiras xornadas, contan con 14 goles a favor e só tres en contra, sendo o equipo que menos encaixa deste grupo da Primeira Futgal. Persiguen ao Puebla o Unión, segundo con 16 puntos, o Valiño, terceiro con 15.



O Puebla soña con acadar o ascenso

Tras acariñalo o pasado curso, o Puebla volve á carga polo ascenso. Desta volta, coa lección aprendida. «A maior culpa de non ascender foi nosa, por confianza de rivais, por non saber pechar os partidos… Debemos aprender do que nos pasou«, di o capitán dos branquiazuis.

Asegura que saen a cada partido «coa mesma intensidade, e iso é importante«. A ilusión por devolver o Puebla a Preferente «segue intacta ou mesmo aumentou«, sinala Bendaña. «Temos unha directiva que está ao noso lado en todo momento e creo que lle debemos este ansiado ascenso. Somos un dos equipos favoritos, pero tamén nós temos claro que cada rival que xogue contra nós vai querer dar o máximo«, comenta a FutbolinGalicia.



Triunfal inicio de liga do Puebla FC, con pleno de vitorias

O Orzán quere revalidar o título da

Triunfal inicio de liga do Puebla FC, con pleno de vitorias

Triunfal inicio de liga do Puebla FC,

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *