# Hashtag

A enésima tempada goleadora de Javi Pazos evita un desastre en Valdeorras

Tras unha gran segunda volta onde só caeron ante Vilalonga e Valladares, o equipo dirixido por Lino Estévez e capitaneado polos 19 goles do dianteiro de Marín certificou este domingo a súa permanencia matemática en Preferente.

A vitoria do pasado domingo por 3-0 fronte ao Portonovo en Calabagueiros certificou a continuidade matemática do CD Barco en Preferente a tempada que vén. A pesar de que o obxectivo inicial era o de regresar á Terceira RFEF, o equipo de Valdeorras tivo que suar a pinga gorda para lograr a permanencia. As razóns, unha mala primeira volta e unha numerosa cantidade de empates, 15. Con todo, a reacción no segundo tramo de liga, da man de Lino Estévez, e os 19 goles de Javi Pazos evitaron o desastre.

O efecto Lino Estévez

O certo é que, xunto ao Céltiga e o Choco, o CD Barco estaba chamado a loitar por recuperar a categoría perdida a campaña pasada. Pero apenas foi capaz de sumar 15 puntos na primeira volta. Os mesmos que o Velle, dous máis que o Allariz e seis máis que o Alertanavia, os tres en postos de descenso directo. Tras unhas xornadas de adaptación, Lino Estévez, que substituíu a Héctor Otero no banco de Calabagueiros, foi capaz de reconducir o rumbo grazas, especialmente, á facilidade goleadora de Javi Pazos.

O dianteiro de Marín completou a súa segunda mellor tempada como sénior con 19 goles en liga e un máis na Copa Diputación, que é o próximo reto dos de Valdeorras. Só a campaña 17/18 do dianteiro, cando logrou anotar 25 goles nas filas do Arosa en Terceira División, supera as cifras actuais. Aínda que quedan preto os seus anos en Vilalonga (18 tantos cada tempada) e o seu primeiro ano en Calabagueiros, onde sumou 13 dianas en Terceira RFEF e disputou a fase de ascenso a Segunda RFEF.



O antigo xogador do Pontevedra en Segunda B, anotando oito goles, supón “un auténtico luxo para o equipo, segundo o seu adestrador Lino Estévez, que destaca a calidade humana do futbolista de Marín. “Javi Pazos axuda moito aos novos a integrarse e tamén ao corpo técnico, algo que igual che estraña pola traxectoria que ten. É un tío moi sinxelo, que goza moito do fútbol, do Barco e que sempre quere o mellor para o grupo”, afirma o técnico de Salceda de Caselas, que desvelou un dos pasatempos favoritos do dianteiro en Valdeorras, a caza.

Próximos obxectivos

O adestrador do cadro barquense, que conta con contrato para a tempada vindeira, mostrouse «moi aliviado despois de conseguir a salvación. Considera que a clave da recuperación estivo en aprender a ser un equipo e a correr polo ben común, algo que potencia as individualidades. “O que pasamos e o que sufrimos nós, sabémolo nós”, asegurou Lino Estévez tras dar as grazas aos xogadores, á directiva e á afección.

Os seguintes obxectivos para o CD Barco atópanse en Copa Diputación de Ourense, onde se enfrontarán en semifinais ao Sporting Celanova. Así como en analizar e corrixir erros deste ano para o próximo curso. A campaña ligueira do equipo de Valdeorras, que puido converterse en traxedia, chegará ao seu fin este domingo en Cambados no encontro máis tranquilo do ano. Nel, Estévez repartirá minutos “aos xogadores que máis o merecen”.



A enésima tempada goleadora de Javi Pazos evita un desastre en Valdeorras

A enésima tempada goleadora de Javi Pazos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *