# Hashtag

Os Diferenciais da Primeira Futgal no comezo do mes de decembro

Tempo para repasar os Diferencias desta xornada na Primeira Futgal, xa en pleno mes de decembro. Comezando no grupo 5, que se pon interesante pola parte alta. Unha das sorpresas foi a derrota do Unión 1-2 ante o Atlético Cuntis. Rubén Souto e Folgar anotaron os goles dos amarelos. Este resultado mantén líder ao Puebla, que empatou co Arcade.

O Campo Lameiro supera na táboa ao Marcón tras vencer no campo da Chanciña con dous goles que levaron a sinatura de Pablo Martínez. Pola súa banda, o Cordeiro achégase aos postos de cabeza ao sumar tres puntos a costa do Flavia cun gol solitario de Samuel Castro. Hugo Abalo destacou na vitoria do San Martín ante o Taragoña. O xogador de 21 anos anotou tres goles para os vermellos.



Imos cara ao grupo 6. Non fallaron os de arriba (Tyde e Gondomar) nesta primeira xornada de decembro e o Sporting Guardés protagonizou a goleada da xornada: 6-0 ante o Tomiño. E catro deles foron obra de Víctor Fernández!  Dobrete de Gorka Dávila na vitoria do Progresista ante o Chaín, o que o sitúa como o segundo máximo goleador do grupo. O que máis veces fura as redes rivais é David Somoza, que anotou tamén un dobrete na vitoria do Alertanavia ante o Racing Castrelos.



Moitas sorpresas no grupo 1

No grupo 1 caeu o líder. A Cultural Maniños perdeu 0-1 ante o Ural Español, que se impuxo grazas ao gol de Adrián Bocija ao pouco de comezar o partido. Tamén perdeu o segundo clasificado, o Victoria CF, neste caso derrotado 3-4 polo Numancia de Ares. Alejandro Bañobre fixo dous tantos para o equipo dirixido por Mahía.



Tamén hai que destacar a aportación de Diego Quiza ao Cedeira. O xogador repite na listaxe dos Diferencias tras anotar tres tantos na vitoria a domicilio 1-4 dos seus ante o Sporting Cambre, rival da parte alta.

O Bertamiráns freou o líder do grupo 2 cun empate (1-1) que tivo a Adrián Arnejo como goleador dos de amarelo e negro. Mentres, o Boimorto venceu no Carballal ao Vizoño nun partido disputado (3-2) con goles de Borja e Manu Casal.

Así comeza decembro nos grupos 3 e 4



O líder Burela non tivo piedade co Oural. Os da Mariña impuxéronse 7-0 nunha goleada que abriu con dous tantos Adrián Fernández. Outro equipo da Mariña ao que lle foron ben as cousas é o Xove, que venceu na Cheda 2-4 á Residencia. O ex do Viveiro Sergio Cora anotou un dos tantos e suma xa cinco goles en seis partidos.

Outro duelo interesante neste comezo de decembro foi o que mediu a Chantada Atlético e CD Castro (1-2). No Sangoñedo, os de Pardeiro levaron os puntos cun dobrete de Diego Muiña. O Outeiro de Rei superou a un dos fortes da categoría, a SD Chantada, por dous goles a cero. Lucas abriu o marcador. E no derbi de Vilalba, o Santaballés superou ao Racing Villalbés ‘B’ grazas a un gol de penalti de Adrián Vérez no treito final.

No grupo ourensán segue imparable o Córgomo. Un gol de Brais Vidal nos últimos compases permitiu vencer aos branquiverdes, que a xornada pasada gañaran ao líder. Precisamente, o líder Antela tivo que se espremer ao máximo para sacar adiante o partido ante o Viana; Óliver fixo dous goles para os de Xinzo.

Que son os Diferenciais?

Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.

Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.

Podes poñerte en contacto con FutbolinGalicia a través de X ou de Instagram.

Tamén podes acceder ás listaxes dos Diferenciais das pasadas xornadas, premendo aquí.

Os Diferenciais da Primeira Futgal no comezo do mes de decembro

O recente ascendido Noia non perde desde

Os Diferenciais da Primeira Futgal no comezo do mes de decembro

Xabi Ares, Umia CF: «Temos que darlle

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *