# Hashtag
#Preferente #Preferente Galicia Norte

Unha interesante penúltima xornada do ano no grupo I da Preferente Futgal

Antes de que chegue o 2025 todos os equipos do grupo I da Preferente Futgal teñen que xogar dous partidos. Chegar ao parón do Nadal con bos números e ben situados na táboa será o obxectivo xeral dos integrantes da competición nesta próxima semana.

Interesantes duelos no día de mañá

Este domingo chega cargada de grandes encontros. Teremos derbis, ambos entre equipos lucenses, como Pol – Escairón ou Lemos – Ribadeo nunha interesante xornada 15. Ademais nos San Tirso – Sigüeiro e Negreira – Órdenes enfróntanse conxuntos que teñen a mira posta en continuar ou acercarse cada vez máis aos postos de promoción.

Cidade de Ribeira – Arzúa, Miño – Paiosaco e Lalín – Galicia Mugardos son partidos entre conxuntos aspirantes á zona de play-off e equipos de media-baixa táboa que desexan escalar posicións. Por outra banda, no O Val – Montañeros mídense o primero e o último clasificado, distanciados por ata 31 puntos.



A xornada 15 da Preferente Futgal comezou no día de hoxe cun partido que acabou sen tantos

No día de hoxe xogouse o Sofán – Dubra, que rematou con reparto de puntos e sen goles. O Sofán é segundo con 27 puntos e o Dubra é quinto con 24, ambos conxuntos á espera dos resultados de mañá para saber en que posición rematan a xornada. Despois da tarde de domingo restará unha única data antes de rematar o 2024. Mais no 2025 o balón seguirá rodando polos campos da nosa xeografía e os equipos loitarán por alcanzar os seus obxectivos. Isto non para!

Unha interesante penúltima xornada do ano no grupo I da Preferente Futgal

O autobús do Pol fai parada en

Unha interesante penúltima xornada do ano no grupo I da Preferente Futgal

O terceiro tempo. Episodio 13

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *