# Hashtag

O Polvorín afástase do play-off

O filial do CD Lugo atravesa unha mala dinámica de resultados no último mes de competición. Os pupilos de Dani Galán unicamente sumaron un punto dos derradeiros 12 en xogo: derrotas ante Estradense, Alondras e Sarriana e empate ante o Silva. A promoción, marcada polo Arosa, atópase xa a 7 puntos para o Polvorín.

Ao finalizar a décima xornada, o día 10 do mes pasado, o Polvorín era sexto con 18 puntos, os mesmos que tiña un RC Villalbés que pechaba os postos que dan acceso aos play-offs de ascenso a Segunda RFEF. Catro semanas máis tarde, o panorama é moi distinto para os albivermellos.

Dos nove primeiros clasificados da táboa o Polvorín é o único equipo cunha diferenza de goles negativa dada a mala xeira de últimos resultados. Na mencionada xornada 10, antes da dinámica exposta con anterioridade, a situación nesta faceta era ben distinta e o conxunto dirixido por Dani Galán destacaba na parte defensiva ao ser dos equipos que menos goles encaixaba.



Derrota do Polvorín ante a Sarriana nun derbi disputado no Anxo Carro

O venres pasado o Polvorín sufriu unha dura derrota no derbi lucense ante a Sarriana. O partido xogouse no Anxo Carro ante a atenta mirada de xogadores e staff do primeiro equipo do CD Lugo. O encontro saldouse cun resultado de 0 a 2 favorable aos da Ribela grazas aos tantos de Santi Gegunde e Arona Sané.

Quedan dúas xornadas antes do descanso competitivo polo Nadal

Restan dous partidos antes do parón polo Nadal. O Polvorín viaxará ata a Mariña lucense para medirse ao Viveiro esta próxima fin de semana. A seguinte recibirá ao Noia, unha das grandes sorpresas no que vai de campaña. No primeiro encontro do ano 2025 o Polvorín xogará a domicilio ante o RC Villalbés nun novo derbi lucense na nosa Terceira RFEF.

FOTO PORTADA: ENDIE DOARÚA FOTOGRAFÍA



O Polvorín afástase do play-off

O terceiro tempo. Episodio 12

O Polvorín afástase do play-off

Os Diferenciais da Primeira Futgal nunha xornada

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *