# Hashtag
irmandiña-feminina

Abrirase unha nova porta para a Irmandiña Feminina? Posibles convocadas para un regreso histórico

A marcha de Rafael Louzán da presidencia da Federación Galega de Fútbol para asumir o liderado da Real Federación Española de Fútbol abre moitas incógnitas para os afeccionados e para os clubs galegos. O soño de volver a ver á selección galega competindo leva anos no aire, pero este cambio de ciclo podería ser a oportunidade para revitalizar un proxecto que axudaría á visibilidade do fútbol galego. Podería ser este o momento para o seu regreso?

Achegámonos ao Nadal e hoxe queremos soñar con ese regreso que sería histórico e porqué non, xogar a facer de seleccionadoras e intentar facer, de forma moi humilde, unha posible convocatoria. Este combinado que leva 8 anos sen reunirse, deixa no aire a posibilidade de ver ás mellores futbolistas galegas defendendo xuntas a camisola irmandiña.

Adestradoras como Pili Neira ou Cris Oreiro, comparten con nós as súas reflexións e propostas para a selección galega absoluta.



Medio ano do partido histórico masculino

No caso masculino, en maio deste ano xuntáronse en Balaídos os seleccionados para un partido ante Panamá. Entre eles, futbolistas consolidados como Iago Aspas ou Lucas Pérez, xunto con novas promesas como Álvaro Carreras ou Hugo Sotelo, entre outros.

A sección feminina da irmandiña xogou o seu último partido oficial en decembro de 2016, onde ademais Galicia contaba con 16 baixas, e onde a afección só puido desfrutar de dúas xogadoras de súper élite e da capitá Vero Boquete.

vero-alexia
Alexia Putellas e Vero Boquete antes do saque inicial na Lomba. Futgal

A mirada da sabiduría

A ex-adestradora da irmandiña absoluta e unha das voces históricas do fútbol galego, Pili Neira, amósase prudente sobre un posible regreso a curto prazo. «Nestes momentos a Federación está dirixida por unha xestora e pendente de convocar eleccións. É unha pena porque estas datas do Nadal son as apropiadas para recuperar a festa do fútbol galego e o momento de unirnos».



Malia as dificultades, pedímoslle que sinalara un par de xogadoras imprescindibles na actualidade para ese hipotético equipo. «Quedaríame con Tere Abelleira, Verónica Boquete e Nuria Rábano».

Tamén tivemos a oportunidade de coñecer a visión de Cris Oreiro, que o ano pasado dirixía o banco do Viajes Interrías (agora Atlético Villalonga). «Ogallá se faga realidade ese soño e, por suposto, o primeiro é pedilo. Ogallá a Federación Galega tamén o vexa con bos ollos». Oreiro ao igual que Neira ten claro que nomes non poderían faltar na lista: «Verónica Boquete, Tere Abelleira, Nuria Rábano, Lucía Pardo e Eva Dios».

Recollemos tamén as declaracións que nos deixou Vicky Vázquez, actual adestradora das Celtas, na entrevista concedida ao noso medio. «Sería un momento moi chulo para xuntar a moitas xogadoras. Eu chamaría pois dende Vero a Tere pero tamén a Lúa Arufe, a Elena… a todas as rapazas que sempre están destacadas habería que xuntalas, de diferentes idades. Creo que sería algo conmemorativo para toda Galicia porque creo que todas son referentes».



O talento galego sobre o verde

Galicia conta actualmente cun gran número de xogadoras competindo a un altísimo nivel. A irmandiña podería contar cun combinado de luxo capaz de competir contra outras grandes seleccións. Dende FutbolinGalicia lanzamos esta convocatoria de 23 xogadoras tras as anotacións feitas polas místers galegas.

  • Porteiras: Para defender a rede galega escollemos a tres porteiras. Malena Mieres (Belmourne City), Martina Rivas (Dépor Abanca), Antía Veiga (Orzán).
  • Defensas: Nuria Rábano (Vfl Wolfsburgo), Carmen Carballada (Dépor Abanca), Laura Martínez (Real Avilés), Sara ‘Muñi’ (As Celtas), María Figueroa (As Celtas), Elena Vázquez (Dépor Abanca).
  • Centrocampistas: Vero Boquete (Fiorentina), Tere Abelleira (Real Madrid), Pauleta Domínguez (Benfica), Lía Muíño (Dépor Abanca), Nerea Lombardero (Atlético Villalonga), Nerea Cuquejo (Atlético Villalonga), Lara Martínez (As Celtas).
  • Atacantes: Lucía Pardo (Real Sociedad), Eva Dios (Dépor Abanca), Noela Sánchez (Tenerife), Tati Barcia (Alavés Gloriosas), Lúa Arufe (Barça ‘B’), Paula Monteagudo (Dépor Abanca), Lucía Rivas (Dépor Abanca).
convocatoria

Esta convocatoria reúne caras coñecidas das categorías inferiores da galega, xogadoras de renome e novas promesas. Como esta listaxe é hipotética, tamén soñamos con que as que están lesionadas estén recuperadas o máis rápido posible. Agora queremos saber as vosas escollas, que xogadoras credes que faltan nesta lista?

Abrirase unha nova porta para a Irmandiña Feminina? Posibles convocadas para un regreso histórico

A Preferente Sur afronta a última xornada

Abrirase unha nova porta para a Irmandiña Feminina? Posibles convocadas para un regreso histórico

A Preferente Norte ten un indiscutible campión

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *