# Hashtag

Reloxos intelixentes para que os árbitros envíen información en vivo

O proxecto Tiivii, a plataforma de televisión do deporte galego, xa está en marcha en modo de probas e o lanzamento oficial será a mediados de novembro. Trátase dunha iniciativa moi innovadora. Entre outras novidades, contempla que os árbitros incorporen ó seu equipamento reloxos intelixentes, de modo que poidan enviar en tempo real información relativa ao encontro, segundo recolle este interesante fío de FicaCoaBola.

Esta proposta faría que a relación televisiva, que será automática, con intelixencia artificial, poida incorporar información do resultado, o tempo de partido ou os cartóns amosado polos colexiados. É o que se coñece como acta dixital. Este sistema en tempo real permitirá a inserción de gráficos en directo na imaxe televisiva.

Ao igual que pretenden incluír este tipo de gráficos, as retranmisións do deporte galego en Tiivii contarán tamén con publicidade. Neste senso, existen diferentes categorías de patrocinio, dende plans sinxelos ata campañas que garantirían moita presenza nos contidos da plataforma. Os propios clubs poderán incluir anuncios e abrir aquí unha nova fonte de ingresos.



Máis que reloxos intelixentes

As innovacións que pon sobre a mesa a compañía Cinfo a través desta plataforma van máis alá dos reloxos intelixentes para os árbitros.

A emisión dos partidos utiliza o sistema de intelixencia artificial e de produción na nube de Cinfo, que permitirá emitir todos os partidos minimizando o custo e sen baixar a calidade. Segundo indican os promotores, as retransmisións poden ter locución, repeticións, marcador e todo o necesario para ter unha produción atractiva. O centro de produción e control será instalado no CSA da Cidade das TIC.

A plataforma Tiivii está dispoñible en aplicacións de dispositivos móbiles, de Smart TVs, en Android TV e nesta web. No servizo de navegadores dispoñerá ademais de servizo multicámara e de vista táctica para adestradores.



Ademais, as retransmisións do deporte galego en Tiivii poderán contar con narradores e comentaristas. Según o fío publicado en X por FicaCoaBola, este punto vai orientado a tres perfís diferentes: profesionais do xornalismo, semiprofesionais (como estudantes) e non profesionais, o que inclúe os colaboradores dos clubs que locuten os partidos cando o equipo xogue na casa.

O servizo é gratuíto e xa comezou a funcionar nun bo número de campos e pavillóns. O lanzamento está previsto para mediados do vindeiro novembro. As ligas seleccionadas para a plataforma son a Preferente Futgal de fútbol masculina, a Primeira División L.G. Feminina e as Preferentes masculina e feminina de fútbol sala. Tamén hai retransmisións de categorías inferiores, veteráns, de baloncesto, balonmán e outros deportes.

Imaxe ilustrativa / Unsplash



Reloxos intelixentes para que os árbitros envíen información en vivo

O Bergantiños segue sen puntuar en categoría

Reloxos intelixentes para que os árbitros envíen información en vivo

Polémica por un suposto golpe a un

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *