# Hashtag

Antonio López, Silva: «Queda esa espiña de non ter debutado no fútbol profesional»

O noso protagonista do día leva sendo sénior dende inicios da década dos 2000, tempo no que adestrou con xogadores de renome coma Scaloni, actual adestrador campión do mundo coa selección arxentina, ou Pablo Amo, segundo de Luis de la Fuente no combinado nacional español. Moitas anécdotas desa época, mais Antonio López non se esquece do Silva, equipo coruñés de Terceira RFEF no que acaba de empezar a súa quinta tempada e no que sigue mantendo a ilusión intacta. Os da Grela comezaron onte a competición obtendo unha victoria a domicilio ante o Vilalonga.

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Estiveches no Deportivo, entrando nalgunha convocatoria co primeiro equipo. Que recordos gardas desa época?

Antonio López Ameijenda (en adiante ALA): Aínda que xa pasaron anos, son recordos que quedan para toda a vida. É ter ao alcance da man o feito de compartir vivencias con xogadores de moito renome.



O que queda é tamen esa espiña cravada de non ter debutado no fútbol profesional a pesar de ir convocado a dous partidos en liga (ante Valencia e Real Madrid), en Champions League e outros dous na Copa do Rei.

FIG: Algunha anécdota deses inicios?

ALA: Nun partido copeiro contra o Elche, o Deportivo viaxaba como favorito ao estar o rival en Segunda. Foi unha convocatoria na que moitos dos teóricos titulares non viaxaron. Eu sabía que empezaría no banco. Pablo Amo, actual segundo adestrador da selección española, daquela viñera do Spórting de Xixón coma unha fichaxe de futuro. Actuaba de central e era moi novo. Non chegou a xogar apenas nada. Imaxínate os futbolistas que había naquel cadro de xogadores para que un central que fichara exclusivamente para o primeiro equipo non tivese minutos.



Antes do quencemento no citado partido ante o Elche, Pablo comezou a sentir unhas molestias. Irureta mandou quentar a 12 xogadores; os once que teóricamente ían a xogar máis eu. Teño o recordo de dicirlle a Pablo cando estabamos a cambiarnos algo así como: «oe, ti vas a ter máis oportunidades de xogar, deixame a min hoxe.» Mais el tamén estaba necesitado de minutos e non entrou polo aro (risas).

FIG: Despois da etapa no Deportivo, pasaches por clubs coma CD Ourense, Cerceda, Racing de Ferrol, Somozas, Vilalbés, Laracha ou Bergantiños. Cal é a clave para ter unha traxectoria tan longa e a bo nivel?

ALA: Evidentemente sempre hai niveis máis altos. A chave principal é a ilusión, especialmente cando empezan a pasar os anos e ves que non chegas máis alto. Ir a entrenar todos os días e competir é o que máis me move dende xa moitos anos. Máis alá de que me gusta practicar deporte, encántame competir. Inclusive antes de comezar no fútbol, empecei a participar en competicións doutros deportes. A paixón pola competición fai que se fagan longas as pretempadas.



FIG: Na 20-21, en plena pandemia, chegaches ao Silva. Esta será a quinta campaña na Grela. Como defines esta etapa?

ALA: A verdade é que fun a dar no Silva no momento ideal xa que era o que buscaba. Foi tras a campaña co Bergantiños, que a nivel deportivo non estaba saíndo ben. Despois da pandemia freouse todo de súpeto e o Silva veume como anel ao dedo.

É un club moi familiar. Varias das persoas que o integran xa as considero como amigas. A nivel de funcionamiento está a dar pasos cara adiante e atópase medrando dentro das súas posibilidades. A título persoal e a todos os niveis trátase dun club que fai que te identifiques con el; gústame a humildade que transmite.

Dentro da Coruña non é fácil facerse un oco. Hai que darlle moito mérito ao feito de levar 11 tempadas en Terceira. É aínda así hai esixencia! Queremos formar un gran grupo pero ao final se non se gaña, ninguén está contento.

FIG: A finais do curso pasado parecía que podiades loitar por entrar no play-off. Porén a salvación foi lograda na penúltima xornada. Como se viviu dende dentro esta campaña?



ALA: Creo que é para estar satisfeitos. Si que é verdade que tivemos ao alcance un caramelo ao que a ninguén lle produce noxo, mais sendo realistas non tiñamos un cadro de xogadores o suficientemente amplo como para optar ao play-off.

Nas últimas xornadas non fomos capaces de sacar resultados positivos e quedamos descolgados, mais a nivel persoal e colectivo podemos estar contentos. Se nos din que este ano repetimos, extrañaríame que alguén dentro do club non o firmase.

FIG: Vaise facendo cada vez máis complicada a decisión de renovar por temas laborais ou familiares?

ALA: É evidente que sempre pesa, pero se un quere continuar sempre busca a forma. Tamén hai que ser honesto cun mesmo, xa que ás veces hai xogadores que non se atopan fisicamente para dar o que demanda o club mais continúan. Creo que este non é o meu caso.

A día de hoxe o físico permíteme competir nesta categoría. Tendo ilusión búscanse todas as vías posibles para seguir. Considero que aínda estou para correr detrás dos mozos (risas), entón imos aguantar.

Antonio sumará a súa quinta tempada na Grela Instagram Silva

FIG: Tedes moitas caras novas. Cal é o obxectivo nesta tempada?

ALA: É o de sempre, a permanencia; ademais este ano cambiamos máis pezas do cadro de xogadores do que viña sendo habitual nos últimos anos. Aí estará o traballo do corpo técnico, que sempre dá o máximo para acoplar todo correctamente.

Penso que chegamos nun bo punto e que estamos acoplándonos no campo. A nivel familiar, como xa dixen, aquí ninguén ten problema en canto á acollida.

FIG: Empezades o curso cun triunfo a domicilio grazas a un gol nos últimos minutos. Como transcurriu o partido?

ALA: Foi un partido igualado. Eles estiveron mellor na primera parte e nós melloramos na segunda. Tivemos tres ocasións claras para adiantarnos mais non as concretamos. Practicamente ao final do envite, Melo cazou o rexeite dun saque de esquina no borde da área e marcou un gran gol.

Antonio López, Silva: «Queda esa espiña de non ter debutado no fútbol profesional»

Jandry Rego, Viveiro CF: «Antes todo o

Antonio López, Silva: «Queda esa espiña de non ter debutado no fútbol profesional»

Montañeros, Sigüeiro e Lalín abren a tempada

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *