Jorge Queiruga, defensa do Noia, fala con nós sobre o inicio competitivo e a súa recente e grave lesión de ligamento e menisco. Desexamos que a recuperación do xeonllo da súa perna dereita sexa satisfactoria e o menos problemática posíbel!
FutbolinGalicia (en adiante FIG): Como te atopas no plano anímico tras confirmarse a rotura de ligamento cruzado e de menisco?
Jorge Queiruga (en adiante JQ): «No anímico a verdade é que me encontro bastante ben porque desde que me lesionei hasta que fixen a resonancia tiven dúas semanas para facerme á idea de que iba ter que volver a pasar por quirófano.»
FIG: Como foi a acción na que se produciu a lesión?
JQ: «Foi no último minuto da primeira parte. Fun facer unha falta para cortar a contra do Arteixo e ao facela dinlle ao xogador rival ca perna apoiada, doblándome o xeonllo.»
FIG: Como se fraguou a túa fichaxe polo Noia na tempada 22-23?
JQ: «Como acabou moi pronto a liga en Terceira RFEF esa tempada, eu quería firmar nalgún equipo de Preferente para non estar tanto tempo parado. Co Noia xa tiña falado en campañas anteriores, polo que non dubidei en firmar aquí.»
FIG: O equipo comezou a tempada con derrota ante a UD Ourense, máis nos últimos 3 encontros conseguiu 7 puntos. Cales son as sensacións a nivel interno?
JQ: «Son boas. Creo que todos firmamos este inicio de tempada. Ao ser un equipo tan xoven e con tanto xogador novo, sabiamos que sería complicado o principio do curso, mais respondimos como debiamos.»
FIG: Un ascendido gañando na casa dun candidato ao ascenso como o Arosa e vencendo a un Arteixo que o ano pasado quedou ás portas do play-off. A que aspira o Noia este curso? Cal é a súa meta?
JQ: «O obxectivo segue sendo o mesmo, é dicir, a permanencia. Por facer un bo inicio non podemos querer abarcar de máis. O primeiro é conseguir a salvación e a partir de aí todo o que veña será benvido.»
FIG: Tras pasar pola canteira do Deportivo, canteira e primeiro equipo do Compos, máis Puebla e Arzúa, que anécdotas ou momentos especiais tes gardados para sempre?
JQ: «Momentos especiais hai moitos. Ao final son moitos anos rodeado de xente ca que compartín moitas horas á semana. E a nivel deportivo hay bos e malos momento, pero se tivera que quedarme cun sería o ascenso e o título de liga co Noia a tempada pasada»