# Hashtag

Análise da primeira parte do curso na Terceira RFEF

Estamos inmersos en pleno parón competitivo polas festas de Nadal. É un bo momento para facer unha análise da primeira parte da tempada na Terceira RFEF. Non podemos olvidar os emocionantes meses que nos esperan de aquí a final da campaña. Diferentes obxectivos e non todos, por desgraza, poderán ser alcanzados. O céspede dictará unha sentencia que se coñecerá polos meses de maio e xuño.

Nas 16 xornadas disputadas ata o día de hoxe as situacións a destacar son moitas. Na primeira posición da táboa atópase a UD Ourense, que conta con 35 puntos. Os do Couto son o equipo menos goleado da categoría posto que unicamente recibiron 9 tantos nestes meses. Miguel Fernández Rodríguez é o pichichi do líder con 5 goles.

A Sarriana é o máis inmediato perseguidor da UD Ourense na clasificación. Os da Ribela son segundos con 31 puntos. Os pupilos de Guillermo Oriol levan anotados 31 tantos, números que o converten no equipo máis goleador do grupo galego da Terceira RFEF. Santi Fernández Gegunde destaca na faceta goleadora grazas aos seus 6 goles.



O RC Villalbés, o Arosa e o Estradense completan os postos que dan acceso ao play-off de ascenso a Segunda RFEF. Dos tres conxuntos o Arosa é o que se encontra en mellor forma. Tres vitorias e dous empates nos últimos cinco encontros sitúan aos de Míchel Alonso na cuarta praza, a un único punto de distancia da terceira e segunda posición. Hai que ter en conta que os da Lomba disputaron un partido menos que os seus rivais. O encontro adiado ante o Boiro xogarase o 4 de xaneiro.

O Noia, que ascendeu no verán a quinta categoría do fútbol estatal, está a facer unha tempada espectacular. Con 27 puntos o obxectivo da salvación está ben encamiñado e os do Julio Mato poden ser serios candidatos ao play-off de ascenso se aguantan este gran ritmo na segunda volta. Na séptima praza atópase o Polvorín, que venceu na última xornada na Cheda ao Noia. O filial do CD Lugo non quere descolgarse da zona nobre e de seguro será un rival a ter en conta polos postos privilexiados a final de tempada.

Gran Peña, Alondras e Viveiro ocupan a zona media da clasificación. Dani Rosa, do Gran Peña, atópase no top-5 de máximos anotadores no que vai de curso. Os da Mariña Lucense, que contan dende hai unhas semanas co mítico Fabri no banco, teñen no cadro de xogadores ao segundo na táboa do pichichi. Os nove goles de German Giammattei de seguro foron importantes para que o Viveiro teña unha renta de cinco puntos co descenso.



Do undécimo clasificado, o Silva, ao décimo sétimo, a UD Barbadás, a distancia é de unicamente tres puntos. A loita pola permanencia antóxase dura e de seguro decidirase no último tramo do curso futbolístico. Somozas, Boiro, Villalonga, Arteixo e Valladares son os outros equipos na pelexa. O Betanzos é o actual colista da Terceira RFEF galega con 8 puntos, a sete da salvación. Con 10 goles a favor e 27 en contra son o equipo menos goleador e máis goleado da liga. Unha mala xeira de sete partidos consecutivos sen sumar teñen aos de Claudio Corbillón nunha situación dramática e difícil de levantar. Mais quedan 18 xornadas e todo pode pasar.

Foto portada: Mundito Carballo Durán



Análise da primeira parte do curso na Terceira RFEF

David Pérez, Cedeira: «Calquera equipo pode gañar

Análise da primeira parte do curso na Terceira RFEF

Estes son os seis campións de inverno

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *