# Hashtag

O Umia prepárase para o seu regreso a Preferente nun verán cheo de cambios

Tras conseguir o ascenso no ano do seu centenario, o club, que a finais de febreiro estreou directiva, volve á categoría cun novo adestrador e un novo céspede

O Umia estará a próxima tempada de volta en Preferente tras conseguir o ascenso directo desde Primeira Galicia. O club de Barrantes rematou a liga na segunda posición, só por detrás do Atlántida de Matamá, e regresa á categoría só unha campaña despois do seu descenso. A alegría foi maior se temos en conta que se deu no ano do centenario do club.

Con todo, o equipo que disputa os seus partidos no campo da Bouza, que este verán vivirá unha mellora do seu céspede, atópase nunha época de cambios. Tras a dimisión da antiga directiva no mes de febreiro, o club pasou a estar encabezado por Rebeca Gómez e o corpo directivo pasou a estar formado, na súa maioría, por pais e nais de xogadores da base.

Neste sentido, e logo dun inicio accidentado por culpa de malentendidos coa anterior directiva, o novo corpo directivo xa traballa no que será o seu primeiro cambio de tempada á fronte do club. Despois da renovación do adestrador do equipo feminino, Luis Treviño, o club decidiu actualizar o corpo técnico do equipo masculino. Sergio Martín, o responsable do ascenso, despediuse de Barrantes de mutuo acordo e no seu lugar chegou Hugo Sanmartín, procedente da USD O Grove.



Unha opinión desde dentro

Iago Barreiro, centrocampista do primeiro equipo, só ten palabras de agradecemento cara Sergio Martín xa que “apostou por min cando eu saín dos xuvenís do Pontevedra e apenas me coñecía”. O novo futbolista regresou este verán ao club, tras unha tempada no Sanxenxo, co obxectivo de conseguir o ascenso e recoñece que, en gran parte, foi pola insistencia do técnico. “Chamoume desde o primeiro momento porque quería que volvese e eu non o dubidei, xa que me permitiu xogar moitos minutos no meu primeiro ano como senior”, afirma.

Barreiro tamén ten boas palabras para Hugo Sanmartín, o seu próximo adestrador, que xa o dirixiu en alevíns nas filas do Arosa. “Xa tiven a oportunidade de falar con el e vén con moitas ganas de facer as cousas ben. Creo que o vai facer de luxo porque se lle percibe moita ilusión e, nestas categorías, iso nótase moito á hora de dar un paso cara adiante ou cara atrás”, explica o xogador, que, se nada se torce, será parte do cadro de xogadores do Umia en Preferente.

Sobre esta nova tempada, onde o club conta con el, Barreiro espera “manter a categoría, xa que é complicado aguantar o tirón”, pero admite ter moita confianzapolo cadro de xogadores tan competitivo que se está facendo”. “Estou moi feliz por formar parte deste novo proxecto e espero recuperarme ben da lesión (unha rotura do ligamento interno do xeonllo que lle lastrou no tramo final de curso) para empezar a pretemporada con todo”, comenta o futbolista, que soña cun novo ascenso.



A directiva nova está a facelo moi ben, teñen moitas ganas, e eu estou encantado de que contasen comigo”, admite Barreiro, que cre moito na xente que queda e nas fichaxes que van chegar para facer unha “tempada moi boa”.

O Umia logrou o ascenso con moito suspense

O equipo de Barrantes foi un dos equipos do Grupo 5 que conseguiu o ascenso directo. Con todo, a promoción de categoría puido producirse antes, pero o Umia caeu ante o Beluso e ante o Atlántida de Matamá na antepenúltima e penúltima xornada, cando unha vitoria aseguraba o regreso a Preferente. “Tras esas derrotas, o último partido tomámolo como unha verdadeira final, sen marxe de erro, e notáronse as ganas. Era o noso momento, o equipo estivo moi unido e forte e conseguímolo”, afirma con rotundidade o xogador.

O inicio da segunda volta e o tramo final foron os nosos momentos máis duros, pero a unidade do vestiario e o traballo diario permitiu conseguir o obxectivo marcado”, asevera Barreiro. O centrocampista explica que “o equipo sabía que estar arriba toda a liga era moi complicado e propuxémonos estar no grupo cabeceiro e despois facer o último esforzo”.



A importancia do vestiario

A principal clave que destaca Barreiro para conseguir o obxectivo foi a unión do grupo, “incluíndo ao corpo técnico”. “A situación do club foi a que foi o ano do descenso e o que nos quedaba era a unión do vestiario. A importancia do grupo foi maiúscula e sen este factor non seriamos capaces de logralo porque nos axudou a superar as adversidades que tivemos durante a tempada”, resalta o centrocampista.

Neste sentido, o futbolista do Umia fai fincapé en que outra das claves foi “confiar en todo momento en nós porque iso nos permitiu pasar por enriba de todos os problemas”. Barreiro engade que a tempada foi moi bonita porque “conseguimos o obxectivo marcado por nós, e tamén polo club, que era o de devolver ao equipo á categoría perdida no ano do seu centenario”.

Foi unha tempada de dez, xa que conseguimos un ascenso moi complicado a Preferente, que era o obxectivo principal pero que custou moito”, reflexiona o centrocampista. O futbolista resalta a seriedade e as ganas do equipo “a pesar de que había semanas onde non tiñamos os resultados que mereciamos”. “Sempre mantivemos a motivación, a calma, a forza e a cabeza alta. Iso notouse na clasificación, estivemos doce xornadas como líderes, e sabiamos que non se nos podía escapar”, pecha un dos cerebros do Umia.

O Umia prepárase para o seu regreso a Preferente nun verán cheo de cambios

A ilusión copeira percorreu toda Galicia

O Umia prepárase para o seu regreso a Preferente nun verán cheo de cambios

Segundo ascenso consecutivo, pero agridoce, para o

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *