# Hashtag

O talento divino dos Diferenciais (P. II)

Tamén para a competición ao sur da nosa comunidade, onde a Semana Santa se encargará de poñer a punto o reloxo da conta atrás. Si, lestes ben. Queda pouco para o remate da Primeira Futgal e os diferentes equipos xa están a prepararse para enfrontar este último treito do curso futbolístico. Na súa misión, van […]

O talento divino dos Diferenciais

A Semana Santa chegou de súpeto e con ela, como non podía ser doutro xeito, a Primeira Futgal vese na obriga de parar. Lonxe de tombarse a descansar, os equipos comezan a prepararse para dalo todo neste treito final da temporada. Hai moito en xogo e ninguén quere botalo a perder, por iso as afeccións […]

Os Diferenciais estrean a primavera con emoción en aumento (P. II)

Coa chegada da primavera, os campos da Primeira Futgal xa visten as súas mellores galas. Quedan só dous meses para o remate da competición e comezan a sentirse os nervios, tanto nos equipos como nas súas respectivas afeccións. E así como as bolboretas navegan polo bandullo dalgún que outro xogador ou seareiro, tamén comezan a […]

Os Diferenciais brillan co bo tempo (P. II)

Din que “Ata o 40 de maio, cómpre non quitar o saio”, mais o sol xa comezou a asomarse polos campos da Primeira Futgal. E con el, chega tamén o treito decisivo da temporada, esas xornadas onde se decide todo para ben ou para mal. Os seareiros xa están dispostos a animar e os equipos, […]

Os Diferenciais brillan co bo tempo

Cada vez queda menos para a chegada da Primavera e, proba diso, as raiolas de sol que se deixaron ver esta fin de semana nos campos da Primeira Futgal. Os seareiros comezan a saír do acubillo das gradas, o céspede recupera a súa mellor versión e as camisetas térmicas xa quedan relegadas para o próximo […]

No sprint final van estar os Diferenciais (P. II)

A Primeira Futgal tamén se atopa nunha fase emocionante nos grupos do sur, onde non hai nada resolto polo momento. Co paso das xornadas, a competición non fixo outra cousa que apertarse máis e máis ata chegar a un punto onde a marxe de erro é mínima. Logo de meses de traballo e esforzo, os […]

No sprint final van estar os Diferenciais

Xa quedan menos de 10 partidos para pórlle o peche á Primeira Futgal e, como non pode ser doutro xeito, os equipos xa se preparan para o sprint final. De aquí ata o remate da competición, cada xornada é unha final onde pode pasar de todo. E é que a ‘carreira de cabalos’ polo ascenso […]

Continúa o baile dos Diferenciais (P. II)

O baile de posicións non é só cousa dos grupos 1, 2 e 3 da Primeira Futgal, senón que tamén se dá ao sur. De aquí ao final da temporada, cada batalla vólvese unha danza onde a constancia permitiralles aos diferentes equipos achegarse á consecución das súas metas. Por iso contan coa axuda dos seus […]

Continúa o baile dos Diferenciais

Se ben pasou o Entroido, a festa non parecer rematar na Primeira Futgal, onde continúa o baile de posicións entre os diferentes conxuntos. E é que nunha categoría tan complexa coma esta, as subas e baixadas van ser habituais ata o treito final. Por iso e, co obxectivo de finalizar a temporada do mellor xeito […]