# Hashtag
orzan-quere-revalidar-o-titulo

O Orzán quere revalidar o título da Primeira Galega

O Orzán SD é un club que aposta pola xuventude e o talento. O seu primeiro equipo, que compite na Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP, componse de xogadoras sub-21. A súa combinación pola formación pero sen renunciar á competitividade parece estar dándolles grandes resultados.

A súa traxectoria nestes últimos anos vén sendo destacable, cun título de liga no seu palmarés e quedando sempre na parte alta da clasificación. Esta tempada parece que non queren aspirar a menos e loitarán por defender a coroa do reinado galego.

A base do proxecto deportivista

orzan-quere-revalidar-o-titulo
As vixentes campioas non baixan os brazos. Futgal

O conxunto aurinegro firmou no 2019 un acordo de filialidade co Dépor Abanca co obxectivo de seguir fomentando o fútbol feminino e formativo na Coruña. Tralos bos resultados, este ano ampliaron a súa vinculación ata o ano 2030.



Con este acordo, o Deportivo pasaba a cumprir as normas que regulan as competicións femininas de fútbol profesional onde é «obrigatorio para os equipos de divisións RFEF, ter tres equipos de fútbol base, dependente ou filial».

Unha das chaves do éxito do Orzán é o seu papel fundamental dentro da estrutura do Dépor. O equipo non só compite polos seus propios obxectivos, senón que tamén cómpre a función de nutrir de xogadoras ao filial deportivista. Isto lles permite contar coas mellores novas promesas da contorna ao ser un primeiro paso na traxectoria cara o primeiro equipo do Deportivo.

Unha canteira de inesgotable talento

orzan-quere-revalidar-titulo
Lucía Rivas e Elena Vázquez xa son referentes para as futbolistas máis novas. Deportivo da Coruña

Esta oportunidade de vestir a camisola branquiazul fai que a competitividade interna do equipo sexa moi alta. Á vista están os resultados e o rendemento tanto das xogadoras a nivel individual como do propio Orzán. Campioas da primeira edición da Copa Coruña na tempada 2022-2023 e campioas da primeira galega o ano pasado.



Un bo exemplo da calidade das súas xogadoras é a presenza constante de moitas delas nas convocatorias das categorías inferiores da selección galega. Na historia do Orzán hai nomes como os de Lucía Rivas ou Elena Vázquez, internacionais en categorías inferiores da selección española e que agora xogan co primeiro equipo do Depor.

Unha nova tempada con grandes expectativas

orzan-quere-revalidar-o-titulo
Con tan só 17 anos é unha das promesas da base deportivista. Facebook Orzán

Esta tempada o equipo xa se sitúa líder da clasificación con 13 puntos na 5ª xornada. Esta pasada fin de semana gañaron o pulso a un dos seus rivais directos As Celtas ‘B’. As de Vigo postúlanse como rivais directas das coruñesas e as vixían de preto dende a segunda posición da táboa.

No conxunto orzanista destacan moitas xogadoras que, de non dar salto ao Dépor ‘B’ este ano, poden facer moito dano ás porteiras da primeira autonómica. Entre elas destaca Dunia Dahmouni, dianteira que xa foi citada en varias ocasións pola selección marroquí e que xa conta cun gol e cunha titularidade este ano en Terceira Federación.



Malia ser un equipo de xogadoras mozas, veñen demostrando tempada tras tempada que a idade non é unha barreira para a competitividade. A capacidade de manterse nos postos altos da clasificación nos últimos anos é unha das probas da solidez do proxecto.

O Orzán quere revalidar o título da Primeira Galega

Vicente Cemin, Xuvenil de Ponteareas: «Xogar en

O Orzán quere revalidar o título da Primeira Galega

Triunfal inicio de liga do Puebla FC,

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *