# Hashtag
Xove Lago

O histórico Xove Lago, en risco de desaparición por falta de relevo

Un ano máis o verán é sinónimo de incerteza en non poucos clubs. Un deles é a UD Xove Lago. Como moitas outras zonas de Galicia afastadas das grandes cidades, na Mariña luguesa os equipos están experimentando dificultades para confeccionar os seus cadros de xogadores. Neste caso, o problema está tamén na falta de relevo á fronte da directiva.

Xunto co Xove, o Foz, que tamén compite na Primeira Futgal, ou mesmo o Ribadeo son outros dos afectados pola escaseza de xogadores. É un problema xeral na comarca da Mariña, coinciden varias fontes consultadas. «E canto máis alta e a categoría e hai máis esixencia e adestradamentos, moito peor«, sinala Pelayo Barrero. Foi o adestrador do Xove esta tempada, pero non continuará, ao non ter noticias do club verdibranco.

O equipo de Xove (3.330 habitantes) celebra neste 2024 o seu 50 aniversario, pero faino con dúbidas de cara á vindeira tempada. A directiva saínte tenta nestes días atopar unha solución de última hora para salvar o club.



A vindeira semana está convocada unha xuntanza e existe certo optimismo. Xove, con dous campos de fútbol e un terceiro en desuso, non quere quedar sen equipo e están fancendo todo o posible para formar unha nova directiva que se faga cargo do club. «Hai opcións, pero segue todo no aire«, asegura o o capitán do primeiro equipo, Maikel Pérez. Tras dez anos no club, tampouco ten clara a súa continuidade.

Durante o pasado curso, o equipo acudiu baixo mínimos a varios encontros. «Tiñamos 22 fichas, pero íamos moi pouquiños; houbo lesións e varias baixas por motivos laborais«, lamenta Maikel. Malia todo, remataron na zona media da táboa. O capitán do equipo xovense cre que hai moitos equipos na comarca e, agás o Burela, todos experimentan problemas á hora de confeccionar o seu cadro de xogadores.

O Xove Lago, un histórico da provincia

A situación que vive o conxunto xovense sorprende a máis dun. Non só porque experimente este tipo de problemas un equipo con praza en Primeira Futgal. Tamén pola ampla historia que acompaña ao club durante os seus 50 anos de historia. Nese tempo, xogou dúas fases de ascenso a Segunda División B e competiu varias campañas na Terceira.



A situación agora é ben diferente. O último equipo que lles quedaba na base, o alevín, xa non saíu a competir a última tempada. Antes tiveran tamén xuvenís, pero faltan rapaces novos para confeccionar os equipos.

Foto: Antonio Vaztra / UD Xove Lago



O histórico Xove Lago, en risco de desaparición por falta de relevo

Yago, Fabio, Sotelo e Moure, ilusionados ante

O histórico Xove Lago, en risco de desaparición por falta de relevo

Diego Ortega, Vea CF: «Agardamos ter o

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *