Os equipos seguen a configurar os seus cadros de xogadores de cara á próxima tempada da Preferente Norte. O Ribadeo ten novo adestrador de porteiros, Diego dos Santos. O club mariñano anunciou a renovación de Diego Ferreiro e Simón Hortal. Días antes deran conta da continuidade de catro pilares fundamentais: Álex Meitín, Pablo Castrín, Xairo e Aitor García.
O Lalín segue adiante co seu ambicioso proxecto, que ten o ascenso por obxectivo; o último anuncio foi a renovación de Tibu. Mentres, o Cidade de Ribeira deu conta das baixas de Anthony e Dani Carnota, aos que desexaron sorte.
Tras proclamarse como flamante campión da Copa Deputación da Coruña, o San Tirso segue deseñando o seu equipo. Continúan Gamallo e Cagiao e chega ao Monte o atacante Cristian. O Sigüeiro é outro club da Preferente Norte ao que se lle alongou a campaña; polo momento confirmaron que segue o seu técnico, Vecho.
Máis movementos na Preferente Norte
Luis González, procedente do Chantada Atlético, foi a primeira incorporación dun Club Lemos que asina tamén a César Rodríguez. Na Pinguela seguen tamén Panizo, Armesto, Carrasco e Seijas. Precisamente, un exlemista é o novo técnico do Atlético Escairón, que encomenda o seu regreso a Preferente a Óscar Moure.
Outro banquiño da Preferente Norte que xa ten inquilino é o do Arzúa. Estará ocupado por Rati, que chega procedente do xuvenil da SD Compostela. Pola súa banda, Marco Teijeiro seguirá recuperándose da súa lesión na familia do Atlético Coruña Montañeros. Cos morados tamén segue Rodrigo Méndez.
O Galicia de Mugardos renovou a Do Carmo e dixo adeus a Borja, Pájaro e Berreta. O AD Miño ‘pescou’ no Valdoviño para incorporar o centrocampista Mario Couce. Na mesma posición se desenvolven Diego Martínez, que aterra procedente do Eume Deportivo, e Jaime Leira, chegado do Perlío.
Tamén na Porta Santa hai novidades. O Paiosaco renova a súa confianza no tractor da Ronda, Javi Sande, e en Bilal e anuncia a contratación de Pablo Plaza, procedente do Victoria CF.
Entre os recén chegados á categoría, a SD Pol segue a traballar no seu proxecto para a estrea en Preferente. O presidente, Ramiro Rodríguez, confirmou a FutbolinGalicia que agardar anunciar novidades esta mesma semana. Aquí tes máis información. O último ascendido, o Órdenes, xa traballa na vindeira campaña, pero antes quixeron celebrar o salto de categoría con nós, con vídeo incluído.
Jairo Arias, Montañeros: «Creo que nos condenou a falta de acerto» - FutbolinGalicia
26th Jun 2024[…] Diario dun Mercado Preferente Norte. Episodio 2 […]
Hugo Rigueira, Portomarín: «A cabeza pedía descanso» - FutbolinGalicia
30th Jun 2024[…] Diario dun Mercado Preferente Norte. Episodio 2 […]