# Hashtag

Adrián Otero, Arteixo: «Á semana seguinte ao ascenso díxenlle a Juan que me gustaría voltar a casa»

Adrián Otero, do pobo e do club dende pequeno, é unha referencia en Arteixo. Xogador do primeiro equipo e director do fútbol base dos raposos. Fala con FutbolinGalicia sobre o inicio da tempada, a meta neste curso 24-25 e o que supón para el ser parte do organigrama deportivo na canteira.

Adri Otero regresou ao Arteixo en verán do 2022 Twitter Atlético Arteixo

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Tras pasar por Paiosaco e Villalbés, volviches ao teu querido Arteixo no verán do 2022. Como se fraguou o retorno?

Adrián Otero (en adiante AO): «A miña marcha do Arteixo foi moi difícil, mais non foi por outro motivo que tentar xogar nunha competición máis alta e progresar persoalmente neste deporte. Naqueles anos rozamos varias veces o play-off sen éxito.»



«Por este motivo fichei no Paiosaco e no Villalbés. Nos dous clubs aprendín moito e estiven moi cómodo, mais no momento no que o Arteixo subiu a Terceira RFEF non dubidei en regresar. Inclusive o ano anterior a piques retorno para tentar alcanzar ese ansiado ascenso.»

«Á semana seguinte ao salto de categoría falei con Juan e díxenlle que si el contaba comigo, eu estaría encantado de voltar a miña casa.»

FIG: Ademais de xogador do primeiro equipo, ocupas un posto no organigrama deportiva da canteira. Cal é a túa función e como te sintes ao realizala?



AO: «Tanto Jose Hevia coma min levamos toda a estrutura e responsabilidade da base do club. A canteira está composta por 22 equipos, dos que nos encargamos de toda a xestión federativa, coordinación, administración e economía.»

«Crieime neste pobo e crecín neste club dando patadas a un balón. Creo que ambos teñen un potencial enorme e o noso principal obxectivo é axudar e coidar aos nenos e nenas do club para que melloren e progresen cada día.»

Adri Otero, xunto con Jose Hevia, dirixe o fútbol base do Arteixo Instagram Atlético Arteixo

FIG: Volvendo ao senior, o comezo da competición foi complicado tras catro derrotas antes da vitoria de onte. Como se atopaba animicamente o equipo ata o triunfo deste domingo?



AO: «O grupo galego de Terceira RFEF sempre é moi igualado. Os dous últimos anos tivemos un inicio moi similar. Cústanos plasmar nos primeiros resultados todo o traballo e preparación das pretempadas.»

«Mais todo o grupo confía en que os resultados chegarán. Temos que traballar cada día máis para que isto ocurra o antes posíbel.»

FIG: Hai menos de 24 horas chegou a primeira vitoria do Arteixo (3-1) nesta tempada. Como foi o partido ante o Betanzos?

Onte chegou a primeira vitoria da tempada para os raposos Instagram Arteixo

AO: «Entramos moi ben no partido, dominando o xogo e creando ocasións. Sabiamos que o Betanzos tentaría aproveitar os nosos erros e permitirnos levar a iniciativa do encontro.»

«Así transcurriron os primeiros minutos, nos que tivemos a fortuna de que eles tivesen un erro en salida de balón. Ramos aproveitouno para anotar o 1 a 0. Lamentablemente nós tamén cometimos un erro que provocou a expulsión de Dopico tras agarrar a un rival que ía só contra o noso porteiro Jose.»



«Pouco despois da expulsión, o Betanzos conseguiu empatar tras un centro lateral. Mais o equipo cría e pouco antes do descanso aproveitei o rechazo dun tiro de Iván, tras unha boa internada por banda, para poñer o 2 a 1.»

Unha segunda parte na que o Arteixo tivo que poñerse a traxe de faena

«Chegamos con esta vantaxe ao descanso, pero sabendo que sería unha segunda parte moi dura por atoparnos cun xogador menos. O equipo púxose o mono do traballo e defendemos coma nunca, aproveitando os desaxustes do rival cando robabamos e tendo as ocasións máis claras.»

«Nos últimos minutos, un contragolpe sentenciou o partido ao noso favor, chegando así o alivio xeral do equipo. Quitámonos un gran peso tras conseguir o primeiro triunfo da tempada e a primeira vitoria no campo artificial. Dende que nos quitaron o campo natural non fomos capaces de gañar no anexo artificial.»

FIG: Cal é a meta do Arteixo nesta 24-25? E a de Adri Otero a nivel individual?

AO: «O obxectivo do club é alcanzar a salvación canto antes e a partir de aí mirar cara arriba como fixemos nos dous últimos anos, nos que estivemos a piques de alcanzar o play-off.»

«A nivel individual tentarei axudar ao equipo para que a meta do club nesta tempada consígase. Ademais farei o posible por mellorar os números da campaña pasada.»

Adrián Otero, Arteixo: «Á semana seguinte ao ascenso díxenlle a Juan que me gustaría voltar a casa»

O terceiro tempo. Episodio 3

Adrián Otero, Arteixo: «Á semana seguinte ao ascenso díxenlle a Juan que me gustaría voltar a casa»

O Rápido de Bouzas afúndese con 32

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *