# Hashtag

O Sofán aséntase nunha parte nobre moi igualada da Preferente Futgal

Dende as 17:00 da tarde de hoxe e no campo de O Carral, en Carballo, o Sofán disputou a undécima xornada da Preferente Futgal ante a SCD Órdenes, que o asentou en postos de promoción de ascenso tras lograr levarse os tres puntos en xogo. Acaba a fin de semana cuarto con 22 puntos, mesma puntuación que Sigüeiro, Dubra e Miño. A loita polos postos que dan acceso a play-off está moi igualada, mais se cabe coa derrota do citado Dubra en Monforte e a vitoria do Sigüeiro en Miño nun partido entre serios candidatos ao salto de categoría.

No anterior encontro, o cadro dirixido por Pablo Torreira venceu a domicilio ante o Sigüeiro, ao que empatou a puntos na táboa clasificatoria a pasada fin de semana, grazas a un solitario tanto de Alexandre Mallo no minuto 4 da primeira metade. O Sofán chegou ao encontro de hoxe cunha dinámica positiva, conseguindo 10 puntos dos últimos 15 en xogo. O triunfo da fin de semana pasada ante un rival directo coma é o Sigüeiro de seguro que lle deu unha gran confianza ao equipo de Carballo para encarar toda esta semana de preparación para o duelo ante a SCD Órdenes.

Nova vitoria do Sofán na Preferente Futgal para continuar na loita polo ascenso a Terceira RFEF

Marcos Montero, no minuto 39, otorgou o segundo triunfo seguido a un Sofán que empata a puntos ao segundo clasificado e continúa a nove do intratable e destaco líder Atlético Coruña Montañeros. Na vindeira xornada o Sofán viaxará ao Viso para medirse a un Arzúa que se atope en postos de descenso a Primeira Futgal. O Dubra, outro dos equipos que ocupa posición momentánea de play-off, recibirá a un Lalín que é sexto e que desexa colarse na parte nobre da táboa. Por outra banda o Miño viaxará ata Ordes e o Sigüeiro recibirá ao Val no Lino Balado.



O Sofán aséntase nunha parte nobre moi igualada da Preferente Futgal

Os porteiros tamén marcan goles na Primeira

O Sofán aséntase nunha parte nobre moi igualada da Preferente Futgal

O terceiro tempo. Episodio 9

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *