# Hashtag

Os Vintage: CCAR Valladares feminino 2017/2018

Unha semana máis FutbolinGalicia presenta unha nova entrega dos Vintage! Continuamos repasando tempadas históricas de equipos galegos nas nosas competicións. Hoxe toca falar do CCAR Valladares feminino da campaña 2017/2018, que rematou invicto na 1ª División Galega desa tempada.

A bagaxe final do CCAR Valladares no citado curso futbolístico foi inmellorable: vinte e oito vitorias e dous empates en trinta partidos. Toda unha fase regular invicto! E o primeiro posto na fase regular ligueira traía consigo un premio maior: o ascenso a categoría nacional. Algo que o club vigués levaba buscando varias tempadas, quedando as tres anteriores a un só punto do ascenso.

Na faceta ofensiva destacan as noventa e nove ocasións na que perforaron a portaría rival. Mais a zaga tamén merece ser recordada, posto que unicamente recibiron catorce goles e lograron ter a portaría a cero en dezaoito encontros. Uns números, tanto ofensivos coma defensivos, que falan as marabillas do increíble estado de forma do cadro de xogadoras dirixidas por Gabriel Couñago Ucha.



Os únicos equipos que conseguiron sumar diante do CCAR Valladares foron o filial do RC Deportivo da Coruña e a SD Tordoia. Ambos encontros remataron tal e como comezaron (0-0).

Ana Iglesias Alleres levou o peso ofensivo do Valladares, anotando ata dezanove goles. Alexandra Pichel Represas, con 16, e Sara Quiroga Fernández, con 14, completan o top-3 de goleadoras dun equipo no que anotaron ata once diferentes futbolistas.

Actualidade do Valladares feminino

Na actualidade o CD Valladares feminino compite no grupo 2 da Segunda División Galega, sendo o líder da competición a falta de sete xornadas para a súa finalización.



Foto portada: Cristina Graña

Os Vintage: CCAR Valladares feminino 2017/2018

Os Diferenciais tamén deciden as copas (P.